O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, foi considerado o mellor traballo de Literatura Infantil e Xuvenil. Parabéns o seu autor que tivemos a sorte e o privilexio de coñecer o curso pasado con motivo da entrega de premios do III Certame Literario IES Sanxenxo.
28/4/08
Agustín Fernández Paz, premio da AELG
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, foi considerado o mellor traballo de Literatura Infantil e Xuvenil. Parabéns o seu autor que tivemos a sorte e o privilexio de coñecer o curso pasado con motivo da entrega de premios do III Certame Literario IES Sanxenxo.
27/4/08
23/4/08
Elvira Pérez entre nós
Os rapaces de 1º ESO participaron hoxe nun obradoiro de escrita creativa con Elvira Pérez,membro de GÁLIX e autora de A contar ovellas Coa música de Pablo Novoa de fondo tiveron que improvisar unhas palabras. Seleccionamos o poema de Lidia Álvarez que recibiu os parabéns da autora convidada.
Cuando miré por la ventana
y no vi la mañana
me desesperé y dije
¿dónde está mi mañana?
Mi mañana está reflejada
en la cuna de mi hermana.
Elvira Pérez, cercana aos rapaces, soupo cautivalos falándolles da importancia da literatura e dos contos nas nosas vidas. Amosoulle imaxes que recollen como a publicidade se vale da súa maxia.
Agasallounos non tan só coa súa presenza senón que ademais nos deixou para a Biblioteca un exemplar dunha versión fermosísima do Soldadiño de chumbo e o CD de música que escoitamos. Moitísimas grazas. Foi todo un pracer.
21/4/08
Chegou o día !
Esta mañá iniciamos a SEMANA CULTURAL do instituto. como ven sendo habitual nos últimos anos co CERTAME LITERARIO. O pavillón congregou a 140 rapaces dende 5º de Primaria a Bacharelato dos colexios de Dorrón, A Florida, do Ies de Vilalonga e do propio instituto, non para celebrar precisamente unha competición deportiva senón unha proba literaria.Vede as imaxes, falan por si soas. Cada ano que pasa damos un paso máis. Grazas ao profesorado que colabora na actividade e a todos vós pola vosa participación.
Etiquetas:
Certame Literario,
poesía,
Proxecto lector,
Relatos
13/4/08
A Biblioteca do IES Sanxenxo, premio XVII Irmandade do Libro
A Biblioteca do noso Instituto recibe o recoñecemento da Federación de libreiros de Galicia como mellor biblioteca escolar, polo seu traballo desenvolvido en colaboración con toda a comunidade educativa. Nesta XVII edición Premios Irmandade do Libro e na mesma categoria de Centros de Ensino, o Colexio Pardo Bazán e o Instituto Álvaro Cunqueiro de Vigo recibiron cadanseu accésit.
Queremos compartir o premio cos outros centros finalistas; de maneira especial, coa Biblioteca do IES de Vilalonga e coa Rede de Bibliotecas Municipais de Sanxenxo polas actividades en colaboración; coas bibliotecas escolares do PLAMBE, pola aprendizaxe compartida día a día,e coa Asesoria de Bibliotecas Escolares polo pulo recibido que fai visible o noso traballo.
Podedes ler máis na prensa electrónica do Diario de Arousa e en Galiciae.com . Para información dos premiados e doutras edicións, consulta a Biblioteca Virtual Galega.
7/4/08
HORA DE LER: Mochilas nas aulas.
¡XA VAN DE MARCHA!
As mochilas viaxeiras son unha actividade de fomento da lectura enmarcada dentro do Proxecto Lector do Centro. Unhas, xa en circulación, van dirixidas ás familias do alumnado de 1º da ESO con lecturas, música e películas para compartir. Estas outras,neste mes de abril, enviadas pola Asesoría de Bibliotecas Escolares, pretenden achegar ás aulas na HORA DE LER e a tódolos niveis de primeiro a cuarto da ESO os libros recen chegados á Biblioteca. Un grupo de alumnos colabora para que todos disfrutemos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





