30/1/08

Poemas pola PAZ

Impresionad@s polos horrores das guerras, pola manipulación da realidade que teñen feito os grandes e pequenos poderes para xustificala e pola destrución da memoria dos pobos, os ensinantes, os bibliotecarios, debemos seguir buscando co noso traballo o fortalecemento da PAZ e a verdade. A verdade porque somos os administradores dos materiais que conteñen todas as verdades, porque dunha información completa xorde a verdade. A PAZ porque o entendemento entre as persoas é a base do noso traballo; tratamos que comprendades, coñezades e aceptedes o que din outros, tentando abrir mentalidades, facilitando o acceso ás ideas expresadas ao longo dos séculos; todo o contrario do que conseguen as guerras. Por iso, colocamos a tarefa de nos opoñer a elas como a primeira e máis importante do noso labor cotián.
Un bo xeito de ir contra a guerra é divulgar a obra dos poetas que con palabras emocionates, moito máis impactantes que as balas, fixéronlles fronte. As persoas somos unha mestura de razón e sentimento; nas grandes cuestións necesitamos alimentar o corazón tanto como a cabeza, e os poetas saben alimentar o corazón.



Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

29/1/08

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED... (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.

Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

28/1/08

Pola PAZ (VI)

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.


Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

27/1/08

Ler na cama.

Leer en la cama proporciona algo mas que entretenimiento: una peculiar sensación de intimidad. Leer en la cama es un acto egocéntrico, inmóvil, libre de las ordinarias convenciones sociales, invisible para el mundo y que, por producirse entre las sábanas, en el reino de la lascivia y de la pereza pecaminosa, participa de la emoción de la cosas prohibidas.

Alberto Manuel. Una historia de la lectura.

Un mundo sen libros.

Algúns non poden imaxinar un mundo sen paxaros;
outros non poden imaxinar un mundo sen auga,
polo que a min se refire eu non podo imaxinar un mundo sen libros.

Jorge Luis Borges

Educarnos na estupidez.

La historia del libro corre paralela a la de la censura. Una de las cosas esenciales que proporciona la lectura es aprender a pensar, y no hay nada más peligroso para el poder que un pueblo pensante. La tarea del político es más fácil frente a un pueblo idiota, educarnos en la estupidez es quitarnos los libros, y eso siempre ha sido tarea de dictadores.

Alberto Manguel, en unha entrevista en El País

¿Que son as bibliotecas?

Al fin y al cabo ¿qué son las bibliotecas sino archivos de nuestros gustos, museos de nuestros caprichos, catálogos de nuestros placeres?

Alberto Manguel, autor de Una historia de la lectura.

De viaxe polas bibliotecas

No sé por qué hay ahora en el mundo tanta gente que viaja para ver pinturas. Si fuesen verdaderamente personas cultas visitarían también las bibliotecas, buscando incunables, o comprarían libros para hacérselos dedicar en los cafés que todavía frecuentan los escritores malditos. Ver museos no me parece más importante que escuchar música o leer, pero se ve que a todos los turistas les ha dado por las artes plásticas.

Mauricio Wiesenthal.El esnobismo de las golondrinas

Pola PAZ (V)

A violencia nas súas diferentes formas, como manifestación do despropósito, é un dos aspectos máis notables na obra de Goya. Foron precisamente os sucesos acontecidos durante a Guerra de Independencia (1808-1814) os que deron lugar a que Goya efectuase unha reflexión enormemente crítica e innovadora sobre a guerra, sobre as súas causas, brutais manifestacións e consecuencias.(...) Francisco de Goya, escéptico ante as xustificacións da guerra, lonxe de apoiar coa súa obra os postulados ideolóxicos dalgún dos bandos contendentes, mostra o rostro máis escuro e abxecto da guerra, o dos mortos e os seus asasinos, o dos indefensos e os seus prepotentes violadores, o dos que padecen e os dos que gozan co padecemento alleo.(...) A sensibilidade de Goya ante estes acontecementos produciu non só a súa mellor serie de estampas, senón un monumental berro contra a violencia nas súas diferentes formas, que non recoñece xustificación ningunha, e que grazas ao maxistral do seu tratamento técnico, formal e conceptual permite ao espectador comtemplar imaxes inherentes a toda guerra.(...) As obras de Goya de contido bélico non mostran aos heroes militares ou populares que loitaron contra os franceses, de todos coñecidos grazas ás publicacións e ás galerías de retratos gravados amplamente difundidos na España do seu tempo. Nin tan sequera preséntannos feitos concretos acaecidos en lugares determinados. Pola contra Goya móstranos, partindo de acontecementos reais, a esencia dos mesmos, a representación universal do heroísmo, a brutalidade, a fame, a deseperación, a destrución, pero sobre todo a morte. E todo iso protagonizado polo pobo anónimo, verdadeira vítima da guerra.José Manuel Mantilla. El libro de Los Desastres de la Guerra. Francisco de Goya. Madrid, 2007, Arlanza Ediciones.

Nota: Os títulos dos gravados reproducen a ortografia orixinal de Goya.
Quinto traballo colaborativo dos
Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

26/1/08

POLA PAZ (IV)



Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.
Non é certo que os nenos teñan fame. Non pode ser.Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos.Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola,non teñen fame, non, porque daquelavos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petandona porta de ferro.Por iso penso que non é verdadeo que algún caviloso di dos nenosque andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a unde aqueles -A xente pasa leda......¡Fora boaque andivesen a rirse dos seus crimes!.Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)
Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

24/1/08

Música pola PAZ (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.Solo le pido a Dios:
Blowing in the wind:
Rosa de la Paz:
Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

Pola PAZ( II)

Iniciativas tan marabillosas como esta deberían espallarse e facer posible que os únicos bombardeos que houber polo mundo foran de poemas.
A poesía é unha arma cargada de futuroGabriel Celaya

Segundo traballo colaborativo dos
Blogs das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ

20/1/08

POLA PAZ ( I )

Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro


Agustín, de novo entre nós.




Se sentes amor polos libros, estes relatos que vén de publicar Agustín Fernández Paz son unha apaixonada homenaxe a eles, aos libros coma compañeiros da vida na aventura de amar.

Tamén son un bo agasallo para os pais e avós. O sabor da nostalxia, o recordo das chispas que saltaron co descubrimento dos primeiros amores impregnan estas páxinas cheas de lirismo. Sentimos a un Fernández Paz, directo e cercano igual que cando o tivemos próximo con ocasión da entrega de premios do III Certame Literario no mes de xuño.

Nesta páxina:

http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2007/10/18/367/

podes escoitar na voz do propio autor a lectura dun dos relatos: Amor de agosto.
Todo un pracer.

16/1/08

CLUB DE LECTURA





Joan Manuel Gisbert con Laura Gallego


"Tiven a certeza de que un libro compartido duplica o seu gozo"
(Emilio Pascual, Días de Reis Magos).


Se che apetece a lectura solitaria, disfrútaa.
Pero se queres ler en compañía, entra no noso Club.
Poderás descubrir que a experiencia de ler enriquécese se a compartimos.
No mes de febreiro comezamos unha nova andaina, esta vez o libro proposto é El misterio de la isla de Tökland de Joan Manual GISBERT. A novidade é que agora, ademais dalgunhas sesións presenciais nas leremos xuntos, o mesmo día, á mesma hora... disfrutaremos tamén do Club de lectura virtual a través do noso blog. Aquí poderás verter os teus comentarios e coñecer as opinións dos demais. Anímate a participar, invita á túa familia... Hai unha sorpresa prevista para o mes de marzo!
Aquí poderás escoitar a voz do autor lendo anacos da novela.
Aí vai un video versionando a historia.

15/1/08

El amor en los tiempos del cólera


"Florentino Ariza escribía todas las noches sin piedad para consigo mismo, envenenándose letra por letra con el humo de las lámparas de aceite de corozo en la trastienda de la mercería, y sus cartas iban haciéndose más extensas y lunáticas cuanto más se esforzaba por imitar a sus poetas preferidos de la Biblioteca Popular, que ya para esa época estaba llegando a los ochenta volúmenes. Su madre, que con tanto ardor lo había incitado a solazarse en su tormento, empezó a alarmarse por su salud.[...] Pues no recordaba haber conocido a nadie en semejante estado de perdición. Pero él no le hacía caso. A veces llegaba a la oficina sin dormir, con los cabellos alborotados de amor, después de haber dejado la carta en el escondite previsto para que Fermina Daza la encontrara de paso hacia el colegio."

EL AMOR EN LOS TIEMPOS DEL CÓLERA de Gabriel García Márquez, unha historia de amor de tórrido ambiente caribeño que culmina cincoenta e tres anos, sete meses e once días despois de ter comezado cun intercambio de cartas adolescentes. A peli, a piques de ser estreada e protagonizada por Javier Bardem, promete facernos pasar tan bos momentos como a lectura da novela.
Trocaremos o noso cómodo sofá de lectura pola escuridade da sala de cinema?
Acabaremos tamén cos cabelos "alborotados de amor"?

9/1/08

Dificultades coa informática?


O video non ten desperdicio. En realidade é unha especie de autocrítica xa que levamos a voltas co noso blog moito tempo e isto semella non ir para adiante...

8/1/08

Taller de publicidade



No noso centro están expostos os murais que fixeron as alumnas e alumnos de 4º E.S.O. resultado do Taller de publicidade onde analisaron o papel da muller na publicidade actual. Segue a haber estereotipos que convén mudar! Por unha publicidade non sexista!