30/1/09

El@s teñen a voz.


La paloma de Rafael Alberti, traducido por LU YAO LIU de ZHEJIANG.(China)



Son catro.

Dous deles acaban de chegar estes días ao instituto.

Pero hoxe xa son coñecidos por case tod@s.

A Biblioteca encheuse para escoital@s.

O mérito de hoxe é ser estranxeiro e estranxeira.

A bandeira que nos unía La paloma de ALBERTI.

Porque en palabras de Gracia, hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transformáronse en trasnos portadores de equidade.




Na Biblioteca recitaron esta mañá catro compañeiros na súa propia lingua, co seu propio acento.
  • Regina de Santo Domingo,

  • Lu Yao, que ven dunha cidade ao lado de Shangai, na China;
  • Fabricio, que ven de Uruguay

  • Andrea, que recitou en flamenco e ven de Holanda.

Mil grazas. Quedámonos cun sabor doce que nos soupo a pouco.


Poesía e paz.

Antoloxía Poética Intercultural
Bibliotecas Escolares Galegas



29/1/09

Conspiración pola paz

  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

    Tanques de algodón

    Armas de caramelo

    O noso soño

    O noso desexo

    A nosa conspiración.

    Participan:

    Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
    O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
    Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
    Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
    Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
    Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
    Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
    Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
    Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
    Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
    Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
    Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
    Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
    Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
    Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
    Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.


    Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis
    --------------------------------------------------------------------------------

    21/1/09

    Lectura e publicidade

    De visita polo blogue, Más que libros atópome coa librería mexicana Gandhi coñecida pola publicidade que sobre o libro e a lectura está a desenvolver.
    Botádelle unha ollada ao vídeo que Andrés Pulido ten colgado no citado blogue. Resulta evidente que a creatividade das campañas publicitarias de Gandhi non pasa desapercibida por todos os que nos movemos entre os libros.Tiña ganas de facer referencia a elas dende hai tempo e incluso empregalas dalgún xeito na Biblioteca. Hoxe,chegoulle o momento. Grazas, Andrés por recordarma.