28/6/09

Sucumbir á borracheira de tinta














Aínda que seguramente o artigo de Almudena Grandes , publicado no suplemento dominical do xornal El País a comezos de mes, non pasou desapercibido para todos os que non queremos sumarnos aos pesimistas que presaxian a desaparición do libro, non quero deixalo pasar sen incluilo nos favoritos de Bibliomanía. Non é a primeira vez que nos facemos eco da súa voz. En agosto publicamos outro artigo seu sobre o poder de contaxio da lectura, O tesouro do capitán Flint. Daquela co inicio do curso, agora co remate. Un bo broche para sucumbir a tanta borracheira de sensacións. Deleitémonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, co seu aroma de recén estreado ou de vidas ocultas que os poseeron.

"Los libros recién hechos huelen bien, a primavera. La primavera huele a libros nuevos, esa fragancia inefable para la que no existen adjetivos ni sinónimos posibles, el olor que desprenden las flamantes cubiertas plastificadas, la intacta tirantez de los lomos adolescentes, tersos aún, sin una arruga. Los libros viejos, esos que posan sobre la piel una pátina tenaz, amarillenta, huelen igual de bien, pero su aroma es diferente. Los libros leídos huelen a vidas ajenas, misteriosas vidas de desconocidos, hombres de piel áspera, mujeres de uñas pintadas que los sostuvieron entre las manos cuando eran nuevos y olían a primavera, mientras aún desprendían el perfume de los libros recién hechos, papel, tinta y amor. Sobre todo amor.


El amor que inspiran los libros es una pasión compleja, tan difícil de explicar como la vida, a la que nutren y de la que se alimentan. El amor que reúne a un autor y a un lector alrededor de un diseño inmejorable, ese objeto tan simple y tan perfecto, tan barato, tan versátil, tan fácil de utilizar y reutilizar tantas veces, ligero, pequeño, fácil de transportar y rigurosamente dócil a la voluntad de su dueño, porque no necesita pilas, ni enchufes, porque nunca se cuelga, ni necesita actualizaciones, porque, más allá de la educación primaria, no requiere preparación alguna, y puede usarse igual debajo de la tierra y a nueve mil pies de altura –¿cómo pueden soportar los vuelos transoceánicos las personas que no leen?–, es de esos amores que le cambian la vida a cualquiera. Por eso es justo que la primavera ame los libros, que los libros se enamoren de la primavera.

Escribir un libro es inventar una isla desierta y desear apasionadamente un naufragio. Cada libro que se publica es un punto nuevo, una mota negra, redonda y diminuta, en el inabarcable azul del conocimiento, del pensamiento humano. Cada autor lo ha creado con sus playas y sus volcanes, sus ensenadas y sus peligros, sus selvas, sus desiertos. Y ha previsto que sea habitable, ha llenado sus mares de pesca y sus bosques de caza, ha escondido entre sus rocas estratégicos manantiales de agua potable, ha fecundado a conciencia sus llanuras para sembrar frutales y cocoteros, y se ha elevado a la altura de Dios, aunque haya tardado mucho más de seis días en crear todo esto y comprobar que es bueno. Después, irremediablemente humano otra vez, se ha limitado a cruzar los dedos para desear con todas sus fuerzas que un barco se hunda cerca de sus orillas, que al menos un hombre, una mujer superviviente, se deje salvar por las olas para recobrar la consciencia tumbado en la arena. A partir de ahí, todo el poder es del náufrago. De su voluntad depende que esa isla deje de estar desierta, que crezca, que se expanda, que se consolide como un continente fecundo y poderoso, o que esa mota negra, abandonada al azar de los mapas, pierda su forma, destiña su color, encoja de tamaño hasta convertirse en una sombra parda, después gris, un recuerdo borroso, frágil, polvoriento, por fin nada.

Claro que Robinson Crusoe me cambió la vida. ¿A usted no? No sabe la envidia que me da, porque eso significa que todavía podrá leerlo por primera vez. Que todavía podrá experimentar la emoción suprema de ese instante en el que Robinson sale de su cabaña, mira al suelo como todos los días, y ve en él una plantita verde, tierna, que le resulta conocida, porque es trigo, un grano de trigo que ha llegado hasta allí no se sabe bien cómo, porque él buscó afanosamente el grano que transportaba su barco sin encontrarlo jamás, y sin embargo, una sola semilla debió quedarse pegada en una tabla, en una caja, en el fondo de un saco, para desprenderse a tiempo, para caer en la tierra y recibir el agua de la lluvia, el calor del sol, hasta germinar a escondidas. ¡Oh, qué trampa sublime, oh, qué majestuoso artificio, oh, qué gloriosa osadía, oh, qué maravillosa rueda de molino, de esas que, al tragarlas, alimentan más que el pan! ¡Cuántos granos de trigo nos están esperando en todos esos libros que nos quedan por leer!

Si sale a la calle, si se deja guiar por la voluntad del sol en las mañanas lentas, perezosas, de esta primavera con prisas de verano, encontrará más de los que sea capaz de llevarse a casa en media docena de bolsas de plástico. Es posible que ahora mismo le estén llamando, que estén gritando su nombre, hasta sus apellidos, porque aunque usted no se lo crea, ya le conocen. Vaya a su encuentro, no lo dude. Mírelos, tóquelos, respírelos, sucumba a la borrachera de tinta que se desparrama desde el borde de todas las casetas de todas las ferias abiertas en casi todas las ciudades de España, y aspire su perfume. Porque los libros recién hechos huelen bien todo el año, pero cuando su olor se mezcla con el de la primavera, fabrican un aroma muy parecido al perfume de la felicidad

El País Semanal 07-06-09
Imaxes de Lali

24/6/09

Un verán de poesía

Xa están aquí as vacacións tan desexadas e os días de descanso que nos permitirán disfrutar de todo aquelo que fomos aparcando durante o curso escolar. O contacto coa natureza, os largos paseos, a praia, estar máis tempo cos amigos, escoitar música, ver películas, ler...
Dende a biblioteca vos recomendamos a POESÍA como un excelente refresco para calquera momento do día e para levar na mochila a calquera lugar.
Estas son as nosas suxestións.
Bo verán!



13/6/09

Endangered languages in Europe

“Cando morre o último falante dunha lingua, morre un soño da humanidade” Concha Rousia
(vía Mesturas)


Concha Rousia é escritora e psicóloga. Podes ler aquí o manifesto do colexio de psicólogos de Galicia
Máis... (vía Trafegando Ronseis)

As linguas suman


8/6/09

Máis comentarios

  • "As charlas dos escritores non as vai a escoitar todo o mundo, pero o venres o auditorio estivo cheo. Eu non escoitei todo o discurso de Xabier P. Docampo, pois cheguei tarde.
    Un dos temas que máis me sorprendeu foi o de que cando che mandan escribir unha historia de"tema libre"non está ben pois deberían asignarche un tema concreto. Tamén, fíxome gracia, cando o escritor Xabier P. Docampo díxonos o que pensamos realmente dos nosos pais na nenez e na adolescencia. O grupo de acróbatas encheu de alegría o auditorio, tanto facendo piruetas e acrobacias como facéndonos pasar un bo rato coas risas que nos botamos todos. Cando empezaron a chamar aos finalistas, foi cando máis nerviosa estaba pero, non me tocou. Na categoría B, saíron seleccionadas Marta, Raquel e Clara. En canto subiron ao escenario, foi coma se o premio me tocase a min. Creo que fun das persoas que máis lles aplaudiu. Do concurso de debuxo, sen comentarios. Digo sen comentarios por Alberto, compañeiro de toda a vida, que ao subir ao escenario, e sen evitalo, sufriu, unha cousa moi común, un ataque de risa... Todo, a charla e o espectáculo, foron unha experiencia moi bonita, ao que non foron algunhas personas, pero se soubesen o que aprendemos e o ben que nolo pasamos, dou por feito que virían". Ylenia.
  • "Foi moi satisfactorio ir a entrega de premios do certame literario porque aparte de rirme moito cos acróbatas, as palabras do autor fixéronme reflexionar sobre o que significa a literatura para nós porque dende a creación da vida existe a literatura, a palabra e agora é algo que non sabemos valorar porque unha persoa sen a literatura non pode vivir porque ao comunicarmos xa estamos a utilizar a palabra. A vida dunha persoa baséase nos soños e eses sonos sostéñense grazas a literatura. Aparte das palabras do autor, tamén houbo un espectáculo e na entrega de premios a maioría foron do I.E.S. de Sanxenxo o que é moi satisfactorio. O autor adicou á xente que tiña libros seus, foi unha verdadeira pena non ter un libro del, pero aparte diso paseino moi ben". Sandra D.
  • "O venres cinco de xuño houbo a entrega de premios do certame literario. A min gustoume moito. Foi moi gracioso, xa que había un gran espectáculo protagonizado por tres acróbatas. O home era un chistoso e tiña como unha vara máxica para facer rir. As mulleres eran como dúas gomas elásticas, pero cando querían eran fortes coma a mar nunha marexada. O escritor, Xabier P. Docampo, para min expresouse moi ben e penso que nos dixo todo o que tiña que dicir. Contounos coma se fora unha historia , referíndose a que sen literatura non nos poderíamos relacionar.O que máis me gustou foi cando nos empezou a asinar os contos e os debuxos que facía en cada un dos libros." Jorge
  • " A experiencia foi moi novedosa e anima a xente a participar se non se fixo ou a volver para o ano que ven. A actuación de “Duelirium” foi fenomenal; non sabía que con un metro de carpinteiro se puidesen facer tantas figuras, foi divertidísimo. Non vou falar da charla porque a min non me gustou moito, pero vou falar da experiencia de estar alí, con todos aqueles rapaces e rapazas de outras idades e de outros centros, todos con un fin común... escribir para gañar. Despois da tensión da entrega de premios e despois de ver que non quedaches finalista, a maioría das veces sempre se di un a si mesmo: “para o ano heino facer mellor, seguro”, polo menos a min pasoume." Adrián M.
  • "O venres 5 de xuño, foi a entrega de premios do V certame literario do I.E.S. Sanxenxo, pero foi mais que unha entrega de premios, pois acudiu Xavier P. Docampo e houbo un espectáculo. Nese espectáculo participaban tres xóvenes que facían cousas increíbles co seu corpo, dándolle tamén un toque de humor, ademais esas tres persoas eran os presentadores da gala. Cando chegou a hora da entrega de premios un dos presentadores, primeiro dicía os nomes dos oito finalistas e logo os dous gañadores de cada categoría. Seguro que todos os rapaces presentes na sala, ao chegar a súa categoría estaban moi nerviosos, eu, o estaba. Rematados os premios de literatura comezaron cos de debuxo, facendo igual, pero había dous finalistas e un premiado, un dos presentadores comezou a meterse cun finalista, ese finalista empezou a rir, e contaxiounos a risa a todos. Sólo fáltame falar do escritor que acudiu a gala, Xavier P. Docampo, que chegado o momento, subiu ao escenario e deunos unha fala para animarnos a ler e a escribir cada vez máis, e tamén contounos como comezou o seu traballo, todo isto o fixo falando para nós, os rapaces e rapazas, polo que fíxose máis interesante e levadeira. Rematada a gala Xavier P. Docampo, tivo o honor de asinar os seus libros. Algunhas persoas tiñan libros seus, pero outras poideron tamén ter a sinatura do escritor porque un dos premios que levaban os gañadores era un libro de Xavier P. Docampo, entre outras cousas. Esta entrega de premios encantoume." Mónica.
  • "As palabras do escritor fixéronseme un pouco pesadas, tal vez porque non estaba de todo concentrada, aínda que hei de recoñecer que cando dixo aquilo de que ''os pais son seres marabillosos cando eramos pequenos, que o sabían todo e que eran capaces de facelo todo , que chegada a adolescencia parécenos que cómo poden ser tan "idiotas" e que parece imposible que teñan algo que ver connosco. Chocoume bastante que á súa idade soubese expresar o que pensan os mozos. A verdade, a velada fíxose máis amena grazas ao grupo Duelirium, que nos deleitou cos seus exercicios de acrobacias e chistes. Gustoume moito, polo seu enxeño, un texto que leu o presentador, trataba sobre a vida dunha cera branca, en resumo a entrega de premios foi gratificante". Sara.
  • "Quien lo iba a decir,
un premio de escribir a mi.

Yo en verso,
escribí el texto
y recibí un premio.

Es sorprendente,
delante de toda esa gente
te dan un premio decente
y te aplauden alegremente.

Yó escribí contento,
ganar era mi meta,
diploma, libro y libreta,
gané por mi texto.

Para el año que viene
otra vez lo mismo,
a por el primer premio,
terminará siendo mío.

Al escritor mucho
no le pude escuchar,
pero lo poco que atendí
oí bastantes chistes,
y mucho me reí,
en ese momento de la sala
me fuí,
me dió pena,
un chiste me perdí.

Me dijeron que entrara
que iba a ser llamado,
y quando recogí el premio
un regalo me fue entregado." Jorge C.
  • "Mis tripas sonaban, mi mente palpitaba y un extraño vacío poblaba mi barriga. Me senté en una de las butacas de la primera fila junto a mis amigas. El espectáculo comenzó. Habitaban el escenario, dos esbeltas jóvenes que vestían de rosa y un muchacho con una vara, que tenía un toque divertido en su rostro.Tras alguna demostración, estas tres personas dejaron paso en el escenario a un famoso escritor (Xavier P. Docampo), que habló de lo que es escribir y de la importancia de leer. Al principio, yo escuchaba atentamente, pero poco a poco me fui acomodando en la butaca. De pronto, mis oídos se sobresaltaron al oír la palabra "adolescencia". Aquel hombre estaba hablando de nosotros, pues decía que a nuestra edad llega una cierta inspiración que nos empuja a escribir poemas de amor para desahogarnos porque dice que es lo que ahora mismo, consideramos más importante. Y eso, me llamó la atención porque es totalmente cierto. Llegó la entrega de premios. No sé porque, pero justo en ese momento fue cuando... mis tripas, sonaban; mi mente, palpitaba y un extraño vacío poblaba mi barriga. Cuando la joven de rosa comenzó a leer el contenido de aquel sobre, yo, sinceramente, no me esperaba salir entre los finalistas. Tampoco sé como, pero sucedió; mi nombre sonó en toda la sala y una inmensa alegría inundó todo mi ser. Marta O.

Entrega de premios: opinamos



  • "Despois dunha breve intoducción de humoristas-acróbatas, fantástico por certo, un autor deu a súa charla. Daba gusto oír a Xabier P. Docampo. Creo que nos chegou ata o fondo, pois deu no cravo ao dicir o de que hai un momento en todo bo libro, no que o vicio é total e non podemos parar de ler. Falou de que un escritor ao escribir, escríbese a si mesmo, reflicten a súa personalidade na historia, exploran o seu interior e así se coñecen mellor. O escribir é exteriorizar o noso mundo interior, plasmándoo nunha folla de papel. Terminou a charla e alternando os espéctaculos de Duelirium coas entregas de premios, chegamos ao noso grupo. Empezaron nombranso aos finalistas, estaban chegando ao final cando me nomearon, suspirei aliviado. Supoñía que de primeiro ou segundo non ía quedar, polo que antes estaba nervioso. Subín ao estrado, e recollín o diploma, a rosa, o caderno e o libro de Xabier P. Docampo. Sentía á xente mirándome, temblábanme as pernas. E así, depois de que me asinaran o libro (por certo, que Xabier P. Docampo se esmera bastante na sinatura), rematou o certame. Paseino xenial!" Ricardo

  • "Pff... ¡que nervios!, ¿chamaránme ou non? Jano é moi gracioso, pero estou desexando que abra o sobre dunha vez por todas e diga os nomes dos premiados. Por fin, decídese a facelo e ¡Que sorpresa a miña! Entre os finalistas sae o meu nome, dun recuncho no que había estado escondido. Estou tan sorprendida que o único que podo facer sen dificultade é rir. Pronto termina esta incómoda situación e volvo ao meu asento coas miñas amigas. Ao chegar a casa felicítanme e eu, cun sorriso na cara doulle as grazas. Raquel


  • "O venres 5 de xuño fun á entrega de premios do Certame literario no que participamos no instituto. O evento ía acompañado dunha presentacion feita por acróbatas e dunha conferencia de Xabier P. Docampo; as súas palabras me cautivaron posto que aínda que é maior soupo falar e comprender perfectamente a mente de case todos os rapaces que estabamos no Auditorio. Non me arrepinto nada de ter asistido." Andrea B.


  • "Foi unha experiencia magnífica que de non ir non mo perdoaría. Encantáronme as ximnastas (gustaríame ser unha delas) e ter diante de min a un escritor como Xavier P. Do campo do que non tiven ocasión de ler os seus libros, pero agora teño curiosidade. Quedeime coas ganas de gañar, xa que penso que escribín ben, ese día esmereime e de feito vinme como finalista, pero ao final saquei unha conclusión, volvereino a intentar ata conseguir o meu propósito ou ata cansarme." Andrea R.

  • "O 5 de xuño asistín ao V Certame literario do instituo e alí Xabier P. Docampo falounos sobre a súa idea da lectura e a escritura e despois actuaron Duelirium. A continuación cóntovos as miñas impresións.
    Das palabras do autor Xabier P. Docampo chamoume a atencion cando falou da imaxe que tiñamos antes dos nosos pais e a que temos agora, pois antes cando éramos pequenos parecíannos os mellores do mundo, non había ninguén que fixese nada mellor ca eles; en cambio agora parécennos que non entenden nada.
    En canto a Duelirium gústáronme, e sobre todo Jano e a súa vara, rin moitísimo con el. A verdade é que a gala en si estivo moi ben". Sandra V.

6/6/09

Entrega de premios

Esta é a relación dos premiados. Noraboa a tod@s:

CATEGORÍA A:
1º PREMIO: SARA MARTÍNEZ GARCÍA
2º PREMIO: RAQUEL PÉREZ LAMELAS


CATEGORÍA B:
1º PREMIO: RUBÉN GARRIDO PRIETO
2º PREMIO: SABELA CHAN MARCOS


CATEGORÍA C:
1º PREMIO: SORAYA PRADO AGÍS
2º PREMIO: SARA AGUÍN SARTAGES

CATEGORÍA D:
1º PREMIO: RODRIGO LÓPEZ FONTÁN
2º PREMIO: SARAI COSTAS DEZA


PREMIO ARTÍSTICO: ANDREA UCHA BOUZADA

Igualmente os nosos parabéns para tod@s os finalistas.



4/6/09

Xabier P. Docampo en Sanxenxo

Encontro co autor Xabier P. Docampo no Auditorio Emilia Pardo Bazán, mañá venres ás oito da tarde.
No boletín atoparedes máis información do autor e a súa obra. Non perdades a ocasión de escoitar a un extraordinario narrador de historias, que foi mestre, actor de teatro, autor de guións para cine e televisión, premio Nacional de literatura infantil e xuvenil...




2/6/09

Duelirium en Miraflores



O 5 de xuño ás 2o horas, con motivo da entrega de premios do V Certame Literario estarán no Auditorio Emilia Pardo Bazán o dúo DUELIRIUM, dúo de novo circo aéreo formado por Raquel Oitavén e Mercé Solè. Presentarán un espectáculo que combina diversas técnicas circenses como as acrobacias, a manipulación de obxetos e a comedia, sempre mesturados cun toque persoal.

Desenvolven unha linguaxe escénica orixinal que, sen lugar a dúbidas non nos deixará indiferentes.