Todavía sen encaixar a noticia que acabamos de recibir, queremos compartila cos outros centros premiados de Galicia e co resto das Bibliotecas que pertencen ao PLAMBE porque supón o recoñecemento a un traballo compartido e disfrutado.
Este II Premio do “concurso nacional de buenas prácticas para la dinamización e innovación de las bibliotecas de los centros escolares” do Ministerio de Educación é o resultado dos grans de area aportados cada día por tod@s vós.
Grazas:
Aos rapaces e rapazas que visitades a biblioteca,
aos que levades libros en empréstito,
aos que asinades un compromiso achegando as mochilas ás aulas,
aos que formades parte do equipo da Biblioteca.
Aos centros do concello cos que colaboramos e compartimos experencias e actividades (IES de Vilalonga, CEIP de Dorrón, CEIP A Florida, CEIP de Portonovo). Igualmente á rede de Bibliotecas Municipais.
A Patricia e Amelia, a Lara e Mónica que facedes posible que a biblioteca abra polas tardes.
Aos compañeiros e compañeiras que xa non están, pero que impulsaron este proxecto dende os seus inicios…
A todo o profesorado e aos distintos equipos directivos do centro, que nestos anos creron e apostaron por unha Biblioteca integrada e visible dentro do organigrama educativo.
Aos que,dende a súa responsabilidade impulsaron o cambio e o desenvolvemento das Bibliotecas escolares galegas, polo aprendido de
tod@s e para seguir avanzando xuntos no compromiso das Bibliotecas como espazo común.