20/11/10

De Garcilaso a Raúl Vacas


De novo, un ano máis Raúl Vacas volve a Galicia para impartir obradoiros de poesía por distintos centros da zona, dende Primaria no CEIP Espedregada de Raxó ata Bacharelato no IES de Vilalonga, pasando pola Secundaria no IES As Bizocas e tamén no noso instituto.

¿Por qué un obradoiro de escritura? As respostas, na propia voz dos poetas:

Escrito está en mi alma vuestro gesto,
y cuanto yo escribir de vos deseo. Garcilaso de la Vega

Las palabras cuando son leídas o escritas
tejen una relación íntima y necesaria en nuestra vida. Raúl Vacas





"A través de una Gaceta Literaria que se entrega a los alumnos se trabaja la poesía de Garcilaso y su influencia en poetas como Miguel Hernández, Luis García Montero, Aníbal Núñez o Amalia Bautista, y en narradores como Antonio Orejudo.

En el taller se trabajan diferentes propuestas de escritura (el calambur, la imitación, los sonetillos) y se analiza el ideal de belleza femenina renacentista y al Garcilaso cinematográfico, publicista y ecologista:" Obradoiros Vacas y Castaño.



 Soneto XI de Garcilaso de la Vega                                            

Hermosas ninfas, que, en el río metidas,
contentas habitáis en las moradas
de relucientes piedras fabricadas
y en columnas de vidrio sostenidas;

agora estéis labrando embebecidas
o tejiendo las telas delicadas,
agora unas con otras apartadas
contándoos los amores y las vidas:

dejad un rato la labor, alzando
vuestras rubias cabezas a mirarme,
y no os detendréis mucho según ando,

que o no podréis de lástima escucharme,
o convertido en agua aquí llorando,
podréis allá despacio consolarme.



AVE. (Versión del soneto XI de Garcilaso de la Vega)
Hermosas ninfas, que en el AVE dormidas
en sueños suspiráis enamoradas
y en clase preferente acomodadas
imagináis pasajes de otras vidas,

desamores de vueltas y de idas
sin rumbo, ni transbordos, ni paradas,
atrás las pertenencias mal halladas
en las consignas de las despedidas;

Dejadme un rato imaginar besando
vuestros labios, llorar y consolarme
en el final de un túnel, ya deseando

reclinar mi triste asiento y entregarme
al vaivén de este tren- ahora volando-
o aguardar mi destino y despertarme.

                                                          Raúl Vacas


19/11/10

PONTEpoética



Este fin de semana tivo lugar en Pontevedra o primeiro festival de poesía PONTEpoética dirixido por Yolanda Castaño e coordinado por Antón Sobral, Xaime Toxo e Carlos Fontes.

Os poetas galegos María Lado, Lucía Aldao, Manuel Forcadela e Román Raña; as castelás Ada Salas e Elena Medel; os cataláns David Castillo e Josep Pedrals, e as poetas vascas Miren Agur Meabe e Leire Bilbao, foron os representantes, nesta primeira edición,  da literatura actual do estado.

A simple presencia no escenario da súa persoa e a súa voz, harmonizada coa forza das palabras, converteron unhas tardes de chuvia en calidez e benestar para todos os asistentes.

Agardamos que o festival continúe e se consolide en Pontevedra!

10/11/10

"O segredo dos Hoffman"



Este sábado13 de novembro, no Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo a Compañía Lagarta, Lagarta poñerá en escea o espectáculo O segredo dos Hoffman, unha adaptación da novela homónima de Alejandro Palomas.

Roberto Salgueiro, a quen moitos coñecedes por ter visitado o noso instituto, é o  autor responsable da adaptación do texto, un guión eficaz  e cargado de humor que acompaña o drama persoal de cada personaxe.


A dirección da posta en escea corre a cargo de Rosa Álvarez e entre os actores destacar a actuación de Ernesto Chao que interpreta ao patriarca da familia Hoffman, un cantante de éxito que vive en Buenos Aires e a de Belén Constenla no papel da filla.


O segredo dos Hoffman recolle as inquedanzas de catro personaxes dunha mesma familia que despois de anos atópanse no enterro da avoa. Con este pretexto, a súa propia vida vailles dar a oportunidade de achegarse e preguntar o que sempre temeron dicir.
Unha historia intensa con enorme carga emotiva que non deixará indiferente. Non a perdades!

" Empuñando el alma" II



GRAZAS, Rubén, por achegarnos ao POETA, ao home, ós seus poemas; por emocionarnos coa túa voz e a túa música.

GRAZAS,  Sabela, Ana, Marina, Alejandro, Javier, Sergio, Laura e Lucinda por poñerlle voz aos versos de Miguel Hernández.

7/11/10

HORA DE LER: lecturas para disfrutar individualmente, formación do hábito lector





Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.
                                                                                                                                      Antonio Basanta
Por que ler?
Por que un tempo adicado á lectura dentro do contexto educativo?

A hora de ler concíbese como unha contribución esencial para conquerir o obxectivo xeral do PLAN LECTOR de crear lectores competentes, de  potenciar e desenrrolar no alumnado as competencias necesarias para practicar habitualmente a lectura e disfrutar lendo.Son 15 minutos tres días á semana de
LECTURA INDIVIDUAL E  SILENCIOSA de forma simultánea en todas as áreas e niveis da etapa educativa dende 2007.


5/11/10

"Empuñando el alma"



Rubén Suárez, cantautor chileno ofrecerá en varios institutos da zona  un recital poético- musical como homenaxe a Miguel Hernández.
Sempre acompañado da súa guitarra escoitaremos  na súa voz  e tamén na voz de compañeiros e compañeiras de 4º ESO, poemas como
El niño yuntero,
Menos tu vientre,
Para la libertad,
Recoged esta voz,
LLegó con tres heridas... 

De Rubén Suárez sabemos polo seu blog que "dende pequeno mostrou afección pola música, era daqueles nenos que facían graza cantando a última canción do momento; que en cada ocasión que tiña saía ao escenario, a ler un texto, recitar unha poesía, ou a cantar. Cando tiña 12 anos formou un grupo musical que cantaba cancións folclóricas para acompañar os bailes do grupo de danzas do seu colexio.

Na década dos 70, cando rematou o Liceo e cursaba estudos superiores, arranxounas para conseguir a súa primeira guitarra, con 18 anos. Así comezou todo, unha canción tras outra ían incorporándose ao repertorio; a finalidade entreter os amigos, reunirse con eles e pasalo ben guitarreando.

Chegou a década dos 80, os traballos eran escasos e os soldos ofertados non eran, o que se di, sueldazos. Ante este panorama laboral a alternativa era emigrar. Nos paneis da universidade anunciábanse traballos no estranxeiro, Brasil, Arxentina, España, principalmente. Rubén, con 21 anos, a carreira acabada, moitos currículos enviados e ningunha resposta, non era a excepción, ou quizais si.

Así comezou a gran viaxe, coa música ás costas"


O martes 9 aquí o teremos entre nós, grazas á xenerosidade e o bo facer da Biblioteca do IES de Vilalonga que se encargou de toda a xestión e organización.

Unha mostra do libro "Viento del pueblo" 1936 - 1937, no centenario do  nacemento de M.H. "Recoged esta voz"


 

Aquí tengo una voz enardecida,                                              
aquí tengo un vida combatida,                                                             
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vida.
Abierto estoy, mirad, como una herida                                       
Hundido estoy, mirad, estoy hundid
en medio de mi pueblo y de sus males.

Herido voy, herido y malherido,
sangrando por trincheras y hospitales.
Hombres, mundos, naciones, atended
escuchad mi sangrante sonido,
recoged mis latidos de quebranto
en vuestros espaciosos corazones,
porque yo empuño el alma,
empuño el alma cuando canto.

Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vi……….da.
Esta es su obra, esta:
pasan, arrasan como torbellinos,
y son ante su cólera funesta
armas los horizontes y muerte los caminos.


Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor, aquí tengo una vida.
Recoged este viento, naciones,
hombres de este mundo, recoged este viento.
Aquí tengo una voz enardecida,
aquí tengo un vida combatida,
aquí tengo un rumor,
aquí tengo una vi……..da.

3/11/10

Bibliotecas:aprendizaxe,reflexión,reivindicación


Este fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela, no Pazo de Congresos o III Encontro de Bibliotecas escolares de Galicia arredor do tema VARIACIÓNS SOBRE A LECTURA. Alí estivemos formando parte dun panel de experencias que amosaron o que se está a facer dende as bibliotecas dos distintos centros galegos e algún tamén de fóra.
Entre os ponentes das conferencias salientar a presencia de Teresa Colomer, Javier Celaya, Manuel Bragado e Antonio Rodríguez de las Heras sempre de interese para a reflexión e o debate.

Tamén este fin de semana  publicábase no xornal Galicia Hoxe unha entrevista ao presidente de AGABEL
(Asociación Galega polas Bibliotecas escolares e a Lectura) co título Tempo agasallado na que se recoñecen moitos dos logros conseguidos nestes anos, aínda que todavía faltan por regular algunhas cuestións importantes como a creación da figura da persoa responsable da biblioteca escolar  e o tempo de dedicación a estas actividades que lle son propias. 

2/11/10

Tamén en inglés

Seguimos aportando títulos para navegar por outros mares e por outras linguas. O Departamento de inglés fixo esta selección  de lecturas axeitadas ao nivel do alumnado.