24/2/11

María Lado

Que podemos facer coas palabras? Para que fixarse nelas?
Cando comezamos a descubrir que as palabras son realmente valiosas?
E se falamos de poesía, para que a necesitamos?

Ante un grupo numeroso de rapaces e rapazas que comezan a descubrir o potencial da palabra María Lado engaiolou a todos eles precisamente con ela, coa PALABRA.





Mil grazas!!!

18/2/11

Chegan as primeiras cartas



Despois de varias semanas de espera, a curiosidade, a emoción e os nervios non se podían disimular  ao recibir as cartas dos compañeiros e compañeiras dos institutos cos que participamos no Proxecto ARCE.  Comezamos un intercambio epistolar no que a palabra escrita e o seu poder suxerente son prioridade.  Os que se cartean poderán desenvolver a súa competencia comunicativa e as súas habilidades de expresión escrita aproveitando a posibilidade de contar as súas vivencias e pensamentos entre iguais. Establécese unha comunicación auténtica, alonxada de calquera outro exercicio académico.