27/6/11

Premios ARCE

           A poesía, como xa se fixo referencia neste blog,  foi o núcleo temático das actividades programadas para o mes de marzo: recitais, poesía para consumir, performance, obradoiros… xunto coa participación no I Certame de Poesía " En la órbita de los libros" convocado polos centros que formamos parte do proxecto ARCE. Catro alumnos do noso centro acadaron o 1º e 3º premios de cadansúa categoría. Todo un éxito que recollemos para seguir avanzando, contaxiando a alegría e tamén a convicción de que a lectura e a escritura son unha carreira de fondo. Parabéns a tod@s!



CATEGORÍA A

1º premio: Mujer, infierno y silencio.
SARA MARTÍNEZ GARCÍA 2º C

3º premio: En la órbita de los libros.
 SHEILA MANSILLA OUBIÑA 1º C

CATEGORÍA B

1º premio: No me viene a la cabeza.
RICARDO RODIÑO BALBOA 3º A

3º premio: Me gusta cuando callas el silencio.
ANA UHÍA PÉREZ 3º A

Podedes ler os seus poemas neste blog e tamén no blog do proxecto xunto cos outros poemas gañadores.

Se queredes escoitalos na voz dos compañeir@s do IES Mediterráneo cliqueade aquí e aquí.   Unha fermosa e solemne entrega de premios.  Grazas por compartila.

A nosa felicitación a tod@s os premiados!!

20/6/11

Moda verán 2011

O verán é tempo de deixarse levar pola lectura sen pensar en nada máis. Non importa onde esteas ou onde pases o verán, déixate acompañar por un bo libro!
Estas son as nosas propostas:














13/6/11

Palabras e cores no 50 cumpreanos da publicación de Memorias dun neno labrego

A NOSA HOMENAXE  A XOSÉ NEIRA VILAS
Un traballo en equipo, no que colaboraron os centros participantes no VII Certame Literario ( IES de Vilalonga, CEIP A Florida, CEIP de Dorrón e CEIP de Portonovo) xunto coa rede de Bibliotecas Municipais do concello de Sanxenxo, fixo posible esta homenaxe - exposición. Como mostra algunhas imaxes:




 
 
        Tamén formou parte da exposición un vídeo que gravaron os rapaces e rapazas de 4º ESO e do Club de Lectura do IES de VILALONGA. Cliqueando no enlace podedes velos e oílos. Un gustazo!
 
 
 
 

Chegan os primeiros comentarios

  • "O venres pasado, ás 8.00 da tarde celebrouse no auditorio Emilia Pardo Bazán a entrega de premios do VII Certame Literario. O acto abriuno María Lado e Lucía Aldao con poesías co son da guitarra de fondo. A continuación fíxose unha homenaxe a Xosé Neira Vilas, o escritor galego autor de "Memorias dun neno labrego", un home de 82 anos, que conserva un gran sentido do humor. E finalmente deuse paso á entrega de premios con María Lado e Lucía Aldao.
    A miña opinión sobre o acto é boa e o autor que veu como invitado este ano fíxonos pasar unha tarde irrepetible" . Laura Soutullo

  • "A charla de Xosé Neira Vilas pareceume moi interesante. Contounos cousas sobre o libro e deixou que lle preguntásemos o que quixéramos e respondeunos moi ben a todas as nosas preguntas. Ao rematar asinonos os libros amablemente. Aprendín que é un señor brillante e tamén intelixente do que temos moito, moito que aprender". Alexis

  • "O día do certame literario para min foi unha experiencia moi bonita. Xa que tan só, valeu a pena  polo feito de estar alí con outros rapaces e rapazas de outros centros. Creo que a todos os rapaces aínda que non gañasen nada, lles gustou esta experiencia. O meu obxectivo no certame literario non foi quedar de primeira, se quedaba moi ben pero se non, non pasa nada. Nunca me desanimarei a non participar aínda que non gañe, xa que o meu obxectivo é facelo o mellor que poida e cada vez mellor. Aínda que tamén ás veces para facelo ben  teño que poñerme unha meta para chegar alto.
    Ademais  puiden coñecer a Neira Vilas. Cando o escoitaba alegrábame moito xa que para min é un luxo ter diante a un escritor tan importante das letras galegas. Ademais eu lin algúns dos seus libros. É unha boa experiencia porque así o día de mañá cando teña fillos lles direi: "mira, eu coñecín ao escritor deste libro" e mostrareillo asinado. Ben, en xeral gustoume moito a experiencia e sen dúbida ningunha, repetirei e animo a toda a xente a que participe xa que é moi bonito. Noelia Pombo

  • Na miña opinión foi marabilloso. Nada máis comezar, MARÍA LADO e LUCÍA ALDAO recitaron un poema doce e fermoso para pasar a presentar a Carlos Lema. Logo, XOSÉ NEIRA VILAS, subiu ao escenario e falou do seu benquerido Balbino e contestou a todas as nosas preguntas estendéndose nas respostas, para o noso maior agradecemento. Inés

  • Escoitar recitar a María Lado e cantar a Lucía Aldoa foi marabilloso porque o facían dende o corazón e iso notábase. Lucía

  •  Impresionoume que no Auditorio non se podía ver ningún asento baleiro, ata tiveron que abrir a parte de arriba. Con curiosidade e atención escoitamos a María Lado mentras unha fermosa melodía soaba na guitarra de Lucía Aldao. Da mesma maneira, escoitamos as reflexións do autor de Balbino, quen respondeu as moitas das preguntas que lle fixemos.Noelia Caneda

  • Pareceume fantástico escoitar a Neira Vilas. Falounos de como comezou a escribir, da primeira persoa que leu o seu libro e un  montón de anécdotas máis. María Lado e Lucía Aldao animaron moito ao público coas súas cancións e os seus  versos. Aínda que non ganase mereceu a pena ir. Estaba todo o Auditorio cheo a rebosar e emocioneime cando todo o mundo se puxo en pé para aplaudir a Neira Vilas. Laura Arousa

Petiscos da vida e obra de Neira Vilas



Neira Vilas na entrega de premios do VII Certame Literario

     



   Na tarde do venres 10 de xuño, Xosé Neira Vilas  falou sobre a súa traxectoria como escritor para un público heteroxéneo que o agardaba no Auditorio Emilia Pardo Bazán e contestou a cantas preguntas lle fixeron os asistentes. Carlos Lema, en representación da Editorial Galaxia  fixo unha introdución ás palabras de Neira Vilas, do que significa para a súa editorial a publicación das Memorias dun neno labrego e do resto da obra do autor. María Lado e Lucía Aldao encargáronse de conducir a gala coa  súa poesía e a súa música ofrecendo unha emocionada e irrepetible xornada a todos os asistentes.








Fallo dos premios: O xurado presidido por María Lado acordou conceder os seguintes premios:

Categoría A:
IRIA OTERO RIVEIRO.  CEIP Dorrón
ROCÍO MATILLA NÚÑEZ.  CEIP Portonovo

Categoría B:
ALBA GÁNDARA MARTÍNEZ.  IES Vilalonga
DANIEL DOPAZO PIÑEIRO IES Sanxenxo

Categoría C:
ADRIÁN MELÓN GÓMEZ. IES Sanxenxo
PATRICIA PÉREZ DOMÍNGUEZ.  IES Vilalonga

Categoría D:
CÉSAR ESTÉVEZ BESADA.  IES Vilalonga
NURIA RODRÍGUEZ PIÑEIRO. IES Vilalonga

 
PREMIO DE ILUSTRACIÓN
LUISA SILVA MARTÍNEZ. CEIP Portonovo




FINALISTAS: Categoría A

ESTELA SOLER BRAÑAS. CEIP A FLORIDA
ALBA FERNÁNDEZ FONTÁN . CEIP A FLORIDA
ALBERTO TORRES MONTES. CEIP A FLORIDA
RAMÓN VÁZQUEZ OZORES. CEIP A FLORIDA
JOSÉ MANUEL BÚA DOMÍNGUEZ. CEIP DORRÓN
PAULA BALBOA OTERO. CEIP DORRÓN
SARA PUENTE CRESPO.CEIP DORRÓN
LUISA SILVA MARTÍNEZ.  CEIP PORTONOVO

FINALISTAS: Categoría B

MARÍA BELÉN RODRÍGUEZ FRANCO. IES SANXENXO
RODRIGO VIÉITEZ GONZÁLEZ. IES SANXENXO
JÉSICA CASTRO ALARCÓN. IES SANXENXO
MARÍA GAGO MUÑIZ. IES SANXENXO
EVA PADÍN GONZÁLEZ. IES SANXENXO
LUCÍA OTERO TORRES. IES VILALONGA
SAMANTHA DÍAZ DURÁN. IES VILALONGA
DAVID GÜIMIL VÁZQUEZ.  IES VILALONGA

FINALISTAS: Categoría C

RICARDO RODIÑO BALBOA. IES SANXENXO
SANDRA DEVESA MELÓN. IES SANXENXO
MARTA OTERO FERNÁNDEZ. IES SANXENXO
RAQUEL LORENZO VIDAL. IES SANXENXO
REBECA RODIÑO JABOIS. IES SANXENXO
MÓNICA BARRAL AGUÍN.  IES SANXENXO
SOFÍA FERNÁNDEZ FUENTES. IES VILALONGA
MÓNICA ÁLVAREZ GORDO. IES VILALONGA


FINALISTAS: Categoría D

LORENA DO AMARAL ROSAL. IES VILALONGA
ALBA FERNÁNDEZ REY. IES VILALONGA
SARAI DOPAZO AROSA. IES VILALONGA
VERÓNICA SUEIRO NÚÑEZ. IES VILALONGA
ANNABELLE ÁLVAREZ GUTIÉRREZ. IES VILALONGA
AMANDA CASAL LORES. IES VILALONGA
DIEGO FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ. IES VILALONGA
PATRICIA LÓPEZ FONTÁN. IES VILALONGA





       A prensa e a rede tamén contribuíron a espallar o acontecemento:

6/6/11

Neira Vilas en Sanxenxo

Xosé Neira Vilas estará en Sanxenxo o 10 de XUÑO para a entrega dos premios do VII Certame Literario. Os rapaces e rapazas dos centros participantes faranlle unha pequena homenaxe con motivo dos 50 anos da publicación de Memorias dun neno labrego 



Para saber algo máis sobre o autor e a súa obra cliqueade no boletín:





 

1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS



            Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros queremos manifestar o seguinte:


               Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.

           Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos? O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable.

           Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal.
Onde quedou ese entusiamo?
Que interpretación debemos facer?
O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo?
 E nós?
En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propia Consellería a que nos invisibiliza?.


                                                                                 Colectivo dos equipos das bibliotecas escolares    integradas no PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares Galegas)