28/10/11

Proxecto ARCE "En la órbita de los libros"na prensa


Os medios de comunicación tamén falan de lecturas e bibliotecas. Velaí as noticias recollidas da prensa escrita dos días 23-24 e 25 de outubro nos que tivo lugar o encontro entre os participantes do Proxecto ARCE en Sanxenxo.

 Na páxina de Twitter das visitas da USC tamén fai mención da presenza do grupo na visita á Biblioteca de América e a Biblioteca da Facultade de Historia.


25/10/11

24 Octubre


Estes dous días, 24 e 25 de outubro, os coordinadores das bibliotecas dos centros de secundaria participantes no proxecto ARCE "En la órbita de los libros" tivemos o noso primeiro encontro do presente curso escolar en Sanxenxo. Entre as actividades programadas sinalar unha xuntanza cos distintos sectores da comunidade educativa co obxectivo de intercambiar experencias .

Un bo xeito de celebrar o Día Internacional das Bibiotecas. 

Coa temeridade da xuventude, mentres os meus amigos soñaban con feitos heroicos no campo da enxeñaría ou o dereito, as finanzas ou a política nacional, eu soñaba con chegar a ser bibliotecario. Alberto Manguel. La biblioteca de noche


14/10/11

La colmena científica o El café de Negrín

No centenario da súa creación, a Residencia de Estudantes propúxose incluir entre a súa programación unha peza teatral para compartir a súa historia co público. La colmena científica ou El café de Negrín devólvenos unha parte da historia da Residencia, contada a través dos seus protagonistas: a convivencia entre artes e ciencias, o diálogo e a tolerancia.


Un grupo de amigos residentes reuníronse durante anos para tomar un café moi cargado,

charlar das anécdotas do día, comentar as publicacións científicas máis recentes, os avances da ciencia ou calquera outro aspecto da actualidade. Entre os asistentes estaban José Moreno Villa, Unamuno, Francisco Grande Covián, Paulino Suárez, Beceña, Pascua e Hernández Guerra, ao lado de visitantes ocasionais ou conferenciantes ilustres que foron convidados á Residencia, como Le Corbusier, Max Jacob ou Marie Curie










«Entre sorbo y sorbo, oyendo las anécdotas del día, podíamos ojear libros y revistas recientes. La información que allí se recibía era de primer orden, como seleccionada por nuestro anfitrión, don Juan Negrín, que colmado de lauros académicos acababa de regresar de Alemania».

                                                                                    José Puche, «El laboratorio de fisiología»
                                                                                    Residencia, diciembre de 1963, México D.F.





12/10/11

Que libros ler?



Sen dúbida, aqueles que nos apetezan pola razón que sexa. Un bo motivo para ler un libro concreto  pode ser que lle gustase a alguén a quen apreciamos e nolo recomendase. Este é o caso das lecturas que se propoñen a continuación. Os distintos departamentos didácticos fan as súas apostas para este curso escolar. 
Achegamos tamén as lecturas recomendadas polo profesorado dos distintos centros que participamos no Proxecto ARCE. Atoparedes títulos de autores representativos de cada comunidad autónoma. Por Galicia figuran Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz e Manuel Rivas. 

Con todo isto traza o teu plan de lecturas, elixe os que máis che gusten porque hai que ler por pracer e con pracer. Ao final, as nosas lecturas deixan un pouso, aínda que ás veces pareza que un non se acorde de case nada.







                                                                                                 Imaxes: Iolanda Zúñiga e Inversa Teatro





7/10/11

"Happy Curtis"



O  Concello de Curtis acaba de convocar o VIII Premio de Narración Curta  HAPPY CURTIS


"Cóntanos o día máis feliz da túa vida". 
  • Os traballos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
  • Deberán enviarse en formato word e cunha extensión  entre 3000 e  5000 carácteres (espazos incluídos).
  • Achegarase no arquivo, unha última folla que conteña unha copia do DNI, dirección, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
Establécense dúas categorías:

A. Dos 12 ós 18 anos.
B. Dos 19 anos en diante.


Premios :

Categoría A: 

premio: 200 euros
premio: 100 euros

Categoría B:

premio: 350 euros
2º premio: 150 euros

A data límite de entrega é o 30/11/2011

PARTICIPA!!!

+ info: consulta as bases