13/11/11

100 películas sobre educación



Decine21 acaba de sacar un listado cos 100 mellores títulos da filmografía que tratan dalgún xeito, o tema da educación, pasando do drama á comedia, do terror ao xénero policial. 
O listado está cos enlaces ás fichas técnicas e a sipnose das películas que reproducimos aquí.








Engadiríamos ao listado a película “Sang Woo y su abuela” da directora coreana Lee Jeong-hyang. Toda unha lección pedagóxica, aínda que fóra das aulas! 

Tamén a máis recente, neste caso sobre  educación escolar,  que obtivo a  Palma de Ouro en Cannes no ano 2008 do director francés Laurent Cantet, La clase .


Na Biblioteca do centro podedes atopar algún destes títulos. Aproveitade para levalos e facer unha valoración dos mesmos. 
Aquí quedan!







1/11/11

Olimpiada Solidaria de Estudo




Queres ser un estudante solidario?

Pois é ben doado. 

. Achégate ao responsable da Biblioteca  para que tome nota do teu compromiso de estudo.

. Poderás  vir nos recreos e tamén os martes e os xoves pola tarde

. A sala da Biblioteca  é un lugar perfecto para o estudo. 

. Cada hora do teu estudo convertirase nun euro, que aportarán as entidades patrocinadoras para que outros rapaces e rapazas en Haití tamén poidan estudar. 

A campaña comeza o 5 NOVEMBRO e dura tan só un mes. A Olimpiada foi pensada por una ONG española, Coopera - Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo - e  organizouse por primeira vez no 2003 en  Logroño. 


+ info: http://www.olimpiadasolidaria.com/