Lido en Mesturas. Vía Catuxa Seoane . Grazas as dúas.
10/11/09
Libros e apuntes rotos.
A mín nunca me compran un can.
Se tivese un, agora me defendería.
Así comeza o relato escrito por Espido Freire sobre o acoso escolar recollido nun libro que reúne vinte relatos máis sobre o mesmo tema. Escritores de recoñecido prestixio como Rosa Regás, Lola Beccaría, Andreu Martín, Gonzalo Moure, Martín Garzo, Sierra i Fabra... unen as súas voces coa intención de que nos preguntemos cal é a nosa actitude concreta ante este problema.
Como educadores que somos este libro 21 relatos contra el acoso escolar, non pode pasar desapercibido ou esquecido nas estanterías da biblioteca. Selecciono un breve fragmento do conto de Care Santos, titulado Marcar un gol, que cando menos invita á reflexión:
Descubro que, al igual que en algunos lugares parecen concentrarse los malos recuredos, hay otros que solo conservan los buenos. La BIBLIOTECA, por ejemplo. Muy pronto descubrí que los libros eran buenos amigos de los solitarios como yo. Ellos no me excluían de sus juegos, no murmuraban cosas desagradables a mi paso ni se burlaban de mi torpeza o de mi inteligencia. Por eso comencé a pasar los recreos en la biblioteca.
O mesmo relato comeza cunha cita de Bill Gates, intelixente, xenial.
Sé amable con los empollones de la clase, porque existen muchas posibilidades de que termines trabajando para uno de ellos.
A propósito deste tema citar unha película española do 2008 dirixida por Corbacho e Juan Cruz, Cobardes, cun final desasosegante e da que podermos atopar unha guía didáctica en educared .
Na longametraxe nárrase a historia dun rapaz acosado polos seus compañeiros de instituto, sendo o acosador o fillo dun concelleiro catalán. Aquí queda patente a importancia das novas tecnoloxías nos comportamentos violentos dos mozos e os medos que todos, nenos e adultos temos ante as dificultades da vida.
Etiquetas:
Acoso escolar,
Bibliotecas,
Novidades,
Proxecto lector,
Relatos
06/11/09
As serpes cegas
As serpes cegas é o libro de Banda Deseñada que vén de acadar o Premio Nacional de Cómic do Ministerio de Cultura. A noticia ten para nós un valor engadido ao ser un dos poucos álbumes editados en galego que ademais forma parte do catálogo de fondos da Biblioteca.
Felipe Hernández-Cava e Bartolomé Seguí sitúannos entre Nova Iorque e España no ano 1939 a través dun emigrante que chega a América na procura dun home que incumpriu un pacto. Ao mesmo tempo que contemplamos axustes de contas, refléxanse os sucesos desa época convulsa e de marcado carácter ideolóxico a través de imaxes cunha forte expresividade.
O Premio Nacional de Cómic recaiu o ano anterior en Paco Roca pola súa obra sobre o alzeimer Arrugas que poderás atopar tamén na Biblioteca.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Banda Deseñada,
Hora de ler,
Novidades,
Premios,
Proxecto lector
05/11/09
Lecturas guiadas: formación da competencia literaria
Etiquetas:
Itinerario lector,
Lecturas recomendadas,
Proxecto lector
03/11/09
E ti, ¿que farías se contases con 15 minutos?
Dende abril de 2007 continuamos co desenvolvemento do primeiro obxectivo do PLAN LECTOR do centro, consolidando un tempo específico para a lectura individual dentro do horario lectivo en todas as áreas e niveis da Educación Secundaria Obrigatoria. Daquela éramos poucos os centros que iniciábamos esta andaina, pero hoxe congratulámonos de todo o contrario. Velaí tan só algunhas referencias de institutos que fan eco nos seus blogs da posta en marha da Hora de ler.
• IES ILLA DE ONS, BUEU
• IES CASTRO DE BARONCELI, VERÍN
• IES AUGA DA LAXE, GONDOMAR
• IES RIO CABE, MONFORTE DE LEMOS
• IES MARÍA SARMIENTO, VIVEIRO
• IES ALEXANDRE BÓVEDA, VIGO
• IES DE CATABOIS, FERROL
• IES BLANCO AMOR, OURENSE
• CPI SAN VICENTE de A BAÑA
...
Somos sabedores tamén de outros centros que incorporan este ano esta práctica lectora. A todos eles, e en especial ao veciño IES de Vilalonga, desexarlles unha longa andadura.
Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.
Antonio Basanta (FGSR)
Etiquetas:
Animación á lectura,
Bibliotecas,
Hora de ler,
Proxecto lector
02/11/09
Outubro e Biblioteca
Non podíamos deixar pasar o mes de outubro sen rendir a nosa homenaxe á Biblioteca e aliámonos co cine. Unha exposición da carteleira, un xogo de pistas e a proxección de varios fragmentos de películas como o que recolle o vídeo de Cadena Perpetúa foron a nosa proposta.
Ademais, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, cinco profesores do equipo da Biblioteca asistimos ás Xornadas de BE en Santiago. Un magnífico fin de festa para rendirlle ás Bibliotecas un posto visible nos centros. Moitos blogs fixeron referencia ás ponencias e os seus relatores. Citar O Segrel do Penedo como mostra.
Etiquetas:
Bibliotecas,
cine,
Conmenoracións,
Formación de usuarios
05/10/09
Estudia polas tardes na Biblioteca !!!
O novo curso escolar xa está en marcha. As chuvias chegaron meténdonos de cheo no outono e nos hábitos da vida académica.
A Biblioteca abre as súas portas tamén polas tardes. Os MARTES e os XOVES poderedes vir ler, a facer traballos en equipo, a buscar información, a solicitar préstamos...
Todos os que colaboramos neste proxecto estamos seguros/as de que a posta en marcha deste servizo incidirá na mellora dos rendementos escolares, na adquisición das competencias básicas, sobre todo na mellora da autonomía, na capacidade de aprender a aprender, na potenciación do hábito lector… repercutindo na vida diaria dos estudantes e na súa formación como persoas ao tempo que se favorece unha educación non discriminatoria na igualdade de oportunidades.
A Biblioteca estará atendida por dúas nais da ANPA, Patricia Salías e Amelia Aguín e dúas alumnas voluntarias, Lara Crespo e Mónica Barral.
A todas elas GRAZAS pola súa colaboración!!!
Etiquetas:
apertura extraescolar,
Educación,
Formación de usuarios,
xestión
18/09/09
Recursos web do OPAC MEIGA
A Biblioteca do IES Nsa. Sra. dos Ollos Grandes acaba de publicitar no seu blog un recurso con gran potencial educativo que temos á nosa disposición todas as bibliotecas que estamos na rede de Bibliotecas de Galicia xestionadas polo OPAC MEIGA. Para acceder só precisas ser usuario dunha destas bibliotecas e entrar no portal do programa Meiga, en Recursos web no lateral esquerdo e elexir a ligazón do teu interese: recursos electrónicos/ webs recomendadas/ e-revistas/ autores galegos/ Bib. virtual galega/ Bib. dixital de Galicia...
Para acceder só precisas introducir o número de carné da Biblioteca da que eres usuario e como contrasinal o teu nome ou un dos teus apelidos.
10/09/09
É por isto polo que hoxe estou aquí…
Estou aquí porque quero falarvos da educación e do que se espera de todos vós neste novo ano escolar.Hoxe estouvos pedindo que fixedes as vosas propias metas e que fagades todo o posible para cumprir con elas. A meta pode ser algo tan simple como facer todas as tarefas, prestar atención na clase ou pasar algún tempo cada día lendo un libro.
Obama realizou esta intervención dentro do discurso inaugural do comezo de curso nunha escola de Secundaria en Virxinia. Aquí vémolo na Biblioteca charlando cos alumnos, nos momentos previos a ese discurso.
Porque xa estamos de volta das vacacións e preparándonos tamén para o inicio do curso escolar. Porque esta imaxe nos resulta familiar, salvando claro está, as distancias e os persoeiros. Porque como se recolle no blog das Bibliotecas escolares de Galicia, isto a nós, tamén nos gusta. Non é a primeira vez que escoitamos falar a Obama de educación ou sobre a importancia da lectura. Que as súas palabras nos servan de impulso nesta nova andaina.
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO QUE SE INICIA ¡!!!
Para ler o discurso completo pincha aquí e para escoitalo na voz do propio Obama aquí.
17/07/09
Sobre poetas e poesía

Dúas obras moi diferentes para lectores con intereses desiguais; o único en común é que as dúas acaban de ser publicadas e tratan de poesía ou poetas.
Mañana no será lo que Dios quiera é unha espléndida biografía escrita por García Montero sobre o poeta ÁNGEL GONZÁLEZ a quen lle tocou vivir a guerra española e as súas consecuencias.
O libro ábrese con dúas reseñas do propio biografiado:
Recuerdo que las comidas eran aquellos días alegres, prolongadas en largas sobremesas en las que se contaban historias extraordinarias. Mi madre estaba radiante y yo feliz, admirando a mis hermanos como pocas veces volví a admirar a alguien.
A novela vai recoller gran parte da infancia do poeta e a vida en Oviedo vista por uns ollos de neno co recordo da figura do pai, morto cando el tiña tan só dous anos e o papel que os seus irmáns maiores, fieis as ideas republicanas van exercer na súa vida.
Extraña educación, en la que coincidían la libertad casi absoluta -la guerra, en algunos aspectos, deja en paz a los niños- y las servidumbres más humillantes. Pese a todas las limitaciones -enormes- que derivan de esas circunstancias, aprendimos muchas cosas importantes, a decir no (en voz baja, por supuesto, pero con inquebrantable terquedad), a no darnos por vencidos a pesar de sabernos derrotados; a arrancar ilusiones de la desesperanza; a poner precio a la belleza...
Salpicada a lectura de fotografías e poemas de Ángel Gonzalez descubrimos como a súa vida se filtra nos versos. Serva como exemplo un breve poema, dos máis coñecidos que como el mesmo nos revela, pese as apariencias é un dos seus poemas máis pudorosos pois está dedicado a súa nai e a memoria de Soledad, a rapaza de gafas que o criou, como testimonio da entrega sen límites:
Le comenté.
Me entusiasman tus ojos.
Y ella dijo.
- ¿ Te gustan solos o con rimel?
- Grandes,
respondí sin dudar.
Y me los dejó en un plato y se fue a tientas.
O poema podedes escoitalo na voz do propio autor na colección Visor, lectura recomendada na guía de verán e dispoñible na Biblioteca do centro.
No que se refiere a Makinaria de Carlos Negro vos remito ao blog Trafegando Ronseis, onde atoparedes a lectura dun poema e un acertado comentario sobre o seu contido. Obra dirixida aos lectores mozos, amantes da velocidade e o risco, cun destino que fai gala ao apelido do autor cando se actúa de forma inconsciente.
Gazas Ronsel, polo adianto.
Etiquetas:
Animación á lectura,
Hora de ler,
Novidades,
poesía,
Proxecto lector
13/07/09
12/07/09
Historias de paixón
Un discurso que non deixa lugar a titubeos, con forza, apaixonado, irónico. Cliqueade na parte inferior esquerda e buscade a lingua para os subtítulos.
28/06/09
Sucumbir á borracheira de tinta








Aínda que seguramente o artigo de Almudena Grandes , publicado no suplemento dominical do xornal El País a comezos de mes, non pasou desapercibido para todos os que non queremos sumarnos aos pesimistas que presaxian a desaparición do libro, non quero deixalo pasar sen incluilo nos favoritos de Bibliomanía. Non é a primeira vez que nos facemos eco da súa voz. En agosto publicamos outro artigo seu sobre o poder de contaxio da lectura, O tesouro do capitán Flint. Daquela co inicio do curso, agora co remate. Un bo broche para sucumbir a tanta borracheira de sensacións. Deleitémonos co tacto, sempre suxestivo, dun libro nas nosas mans, co seu aroma de recén estreado ou de vidas ocultas que os poseeron.
"Los libros recién hechos huelen bien, a primavera. La primavera huele a libros nuevos, esa fragancia inefable para la que no existen adjetivos ni sinónimos posibles, el olor que desprenden las flamantes cubiertas plastificadas, la intacta tirantez de los lomos adolescentes, tersos aún, sin una arruga. Los libros viejos, esos que posan sobre la piel una pátina tenaz, amarillenta, huelen igual de bien, pero su aroma es diferente. Los libros leídos huelen a vidas ajenas, misteriosas vidas de desconocidos, hombres de piel áspera, mujeres de uñas pintadas que los sostuvieron entre las manos cuando eran nuevos y olían a primavera, mientras aún desprendían el perfume de los libros recién hechos, papel, tinta y amor. Sobre todo amor.
El amor que inspiran los libros es una pasión compleja, tan difícil de explicar como la vida, a la que nutren y de la que se alimentan. El amor que reúne a un autor y a un lector alrededor de un diseño inmejorable, ese objeto tan simple y tan perfecto, tan barato, tan versátil, tan fácil de utilizar y reutilizar tantas veces, ligero, pequeño, fácil de transportar y rigurosamente dócil a la voluntad de su dueño, porque no necesita pilas, ni enchufes, porque nunca se cuelga, ni necesita actualizaciones, porque, más allá de la educación primaria, no requiere preparación alguna, y puede usarse igual debajo de la tierra y a nueve mil pies de altura –¿cómo pueden soportar los vuelos transoceánicos las personas que no leen?–, es de esos amores que le cambian la vida a cualquiera. Por eso es justo que la primavera ame los libros, que los libros se enamoren de la primavera.
Escribir un libro es inventar una isla desierta y desear apasionadamente un naufragio. Cada libro que se publica es un punto nuevo, una mota negra, redonda y diminuta, en el inabarcable azul del conocimiento, del pensamiento humano. Cada autor lo ha creado con sus playas y sus volcanes, sus ensenadas y sus peligros, sus selvas, sus desiertos. Y ha previsto que sea habitable, ha llenado sus mares de pesca y sus bosques de caza, ha escondido entre sus rocas estratégicos manantiales de agua potable, ha fecundado a conciencia sus llanuras para sembrar frutales y cocoteros, y se ha elevado a la altura de Dios, aunque haya tardado mucho más de seis días en crear todo esto y comprobar que es bueno. Después, irremediablemente humano otra vez, se ha limitado a cruzar los dedos para desear con todas sus fuerzas que un barco se hunda cerca de sus orillas, que al menos un hombre, una mujer superviviente, se deje salvar por las olas para recobrar la consciencia tumbado en la arena. A partir de ahí, todo el poder es del náufrago. De su voluntad depende que esa isla deje de estar desierta, que crezca, que se expanda, que se consolide como un continente fecundo y poderoso, o que esa mota negra, abandonada al azar de los mapas, pierda su forma, destiña su color, encoja de tamaño hasta convertirse en una sombra parda, después gris, un recuerdo borroso, frágil, polvoriento, por fin nada.
Claro que Robinson Crusoe me cambió la vida. ¿A usted no? No sabe la envidia que me da, porque eso significa que todavía podrá leerlo por primera vez. Que todavía podrá experimentar la emoción suprema de ese instante en el que Robinson sale de su cabaña, mira al suelo como todos los días, y ve en él una plantita verde, tierna, que le resulta conocida, porque es trigo, un grano de trigo que ha llegado hasta allí no se sabe bien cómo, porque él buscó afanosamente el grano que transportaba su barco sin encontrarlo jamás, y sin embargo, una sola semilla debió quedarse pegada en una tabla, en una caja, en el fondo de un saco, para desprenderse a tiempo, para caer en la tierra y recibir el agua de la lluvia, el calor del sol, hasta germinar a escondidas. ¡Oh, qué trampa sublime, oh, qué majestuoso artificio, oh, qué gloriosa osadía, oh, qué maravillosa rueda de molino, de esas que, al tragarlas, alimentan más que el pan! ¡Cuántos granos de trigo nos están esperando en todos esos libros que nos quedan por leer!
Si sale a la calle, si se deja guiar por la voluntad del sol en las mañanas lentas, perezosas, de esta primavera con prisas de verano, encontrará más de los que sea capaz de llevarse a casa en media docena de bolsas de plástico. Es posible que ahora mismo le estén llamando, que estén gritando su nombre, hasta sus apellidos, porque aunque usted no se lo crea, ya le conocen. Vaya a su encuentro, no lo dude. Mírelos, tóquelos, respírelos, sucumba a la borrachera de tinta que se desparrama desde el borde de todas las casetas de todas las ferias abiertas en casi todas las ciudades de España, y aspire su perfume. Porque los libros recién hechos huelen bien todo el año, pero cuando su olor se mezcla con el de la primavera, fabrican un aroma muy parecido al perfume de la felicidad
El País Semanal 07-06-09
Imaxes de Lali
Etiquetas:
Animación á lectura,
Hora de ler,
LER NA REDE,
Proxecto lector
24/06/09
Un verán de poesía
Xa están aquí as vacacións tan desexadas e os días de descanso que nos permitirán disfrutar de todo aquelo que fomos aparcando durante o curso escolar. O contacto coa natureza, os largos paseos, a praia, estar máis tempo cos amigos, escoitar música, ver películas, ler...
Dende a biblioteca vos recomendamos a POESÍA como un excelente refresco para calquera momento do día e para levar na mochila a calquera lugar.
Estas son as nosas suxestións.
Bo verán!
Etiquetas:
Animación á lectura,
Guías de lectura,
poesía,
Proxecto lector
13/06/09
Endangered languages in Europe
“Cando morre o último falante dunha lingua, morre un soño da humanidade” Concha Rousia
(vía Mesturas)
(vía Mesturas)
Concha Rousia é escritora e psicóloga. Podes ler aquí o manifesto do colexio de psicólogos de Galicia
Máis... (vía Trafegando Ronseis)
- Datos económicos da enquisa
- Que está pasando?
- A NEG (Nova Escola Galega) opina
- Desde Enciga (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia)
- Agustín Fernández Paz:Oito doas para San Simón. Nos Xerais
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















