Mostrando entradas con la etiqueta Ilustradores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ilustradores. Mostrar todas las entradas

8/5/11

Autopsia de Lois Pereiro



Autopsia lírica de Lois Pereiro,  publicada en Estampas do mundo elegante en Edicións A Nosa Terra, polo xornalista e amigo Xesús Campos nos ofrece un retrato cercano ao home e ao poeta:

Hospital de tránsito de Berlín, habitación 319. Ou residencia comarcal en construción. Un billete de Castromil e unha longa espera nun piso descoñecido.

Sobre a mesa un paquete de tabaco, un bolígrafo, papeis e unha navalla amábel, das que non firen; das de cortar, separar e compartir o pan, os velenos e os versos en canal, coa limpeza e precisión do bisturí que escintila escaparates das tendas de material cirúrxico.

Uns ollos que se vencen no acougo da media-tarde, unhas estrofas que se van latexando, impelidas polo émbolo dos días que pasan como aguiolladas, como calendarios de parede.

Unha figura eléctrica, enxoita, despeiteada e sempre envolvida en negros e grises, como levando o loito en camaradaría, atravesa a rúa a toda présa, párase, esculca a ver quen hai, quen treme, quen leva.

A golpe de ar aberto, do tintinear das pingas de orballo que axexan os soportais, de filmes literarios, de sangues e máis ungüentos, van saíndo versos fríos, secos, contundentes e sen concesións ás gramáticas ociosas: velaí a riqueza da súa poesía, capaz de encerrar dez significados nun termo: de lexemas máxicos, de fonemas tóxicos, de silencios físicos péchase o poema como se pecha un trato. Saen así poemas de dúas, poemas de tres, poemas dun cuarto. Poemas polos aires e na cola dos cines de estrea, nas esquinas, nos portais...

Hai moitos bares, moitos cines e moitos poetas, mais sempre acabas quedándote cun par de bares, un par de cines, un par de poetas. Por aí anda o Luís Pereiro. Trátase agora de saber se se trata dun poeta, dun bar, dunha cafetaría; dun poeta que toma cervexa ou dunha cafetaría capaz de filmar poemas.


Xesús Campos ademais de xornalista foi humorista gráfico. Co seu lápiz, tamén trazou o retrato do autor homenaxeado polas Letras galegas.  Coa súa, outras miradas da man de Reimundo Patiño,  Pedro Villarejo, Antón Patiño, Lupe González...  e   Séchu Sende ofrécenos a súa visión especial do poeta. Un fermoso agasallo.




 

14/1/11

Enredados nun mar de libros


Cliquea aquí para descargar o catálogo


O Salón do libro infantil e xuvenil que se está a celebrar en Madrid está adicado ao mar. As augas salgadas tamén son as protagonistas este ano das lecturas  que compartimos no Club Engánchate e de moitas outras que foron recomendadas polos diferentes Departamentos.

O Salón publica un magnífico catálogo que recolle unha ampla bibliografía dividida temáticamente  en distintas seccións e que ven a aportar novas propostas de lecturas para engadir ao noso listado.

- Aventura: Lecturas de piratas
  •  Sebastian Darke. Príncipe de los Piratas. Philip Caveney. Alfaguara, 2008
  • Julia y la voz de la ballena. Alvaro Ortiz.  Edicions de Ponent, 2009

- Supervivencia: viaxes, islas, naufraxios
  • El ayudante de Darwin. Vicente Muñoz Puelles. Algar, 2009
  • El fugitivo de Borneo. Juan Madrid. Edebé, 2010
  • Travesía del horizonte. Javier Marias. Alfaguara, 2010

- Imaxes do mundo: contos, cantos, nostalxias
  • De profundis. Miguelanxo Prado. Norma, 2008
  • Gallego. Juan Farias; Xosé Cobas (il.). Fondo de Cultura Económica, 2006
  • El reductor de velocidad. Christophe Blain. Norma, 2008

-De coñecemento: "La mar de interesante"
  • Piratas. Geoffrey Malone. Anaya, 2010
  • El primer viaje alrededor del mundo. Antonio Pigafetta; Eduardo Alonso (adap.);Carlos Escudero (il.). Juventud, 2010
  • La vida en los océanos. Emma Helbrough.  Libsa, 2009

O catálogo complétase cunha galería de imaxes marinas de 29 ilustradores e cunha sección adicada aos premios nacionais de literatura infantil e xuvenil e ilustración do 2010.Todo un luxo.