Mostrando entradas con la etiqueta interculturalidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta interculturalidade. Mostrar todas las entradas

24/2/13

Canta, meniña gaiteira!!


No prólogo de Cantares gallegos, Rosalía recoñece que escribe “guiada sólo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oídos desd’a cuna, e que foran recollidos polo meu corazón como harencia propia.”

A Rosalía de Cantares gallegos podería definirse,en palabras do poeta Carlos Negro, como unha poeta de finísimo oído que reproduce con extrema sensibilidade “tod’aquello en fin que pola súa forma e colorido é dino de ser cantado, todo o que tuvo un eco, unha voz, un runxido por leve que fose, con tal que chegase a conmoverme.”

E así é, porque hoxe, despois de 150 anos de ser escritos, estes versos seguen a conmovernos. Na voz de Estela, Sonia e Juan; Diego e Alba; Andrea, Ana e Celia escoitamos o latexo da palabra rosaliana; tamén na de Renato, que recitou na súa lingua materna, o portugués; igualmente nas voces de Esther, Inés e Moncha, nais que forman parte do club de lectura e que compartiron con nós esta  homenaxe.  Raúl e Julio presentaron coas propias palabras de Rosalía o acto e Lucía puxo a música da súa flauta travesera como o fío conductor que ía ganduxando os versos.

O noso agradecemento.


Ver Rosalía

Sumámonos deste xeito ao chamamento da AELG aos centros de ensino de toda Galicia.


19/2/13

Contamíname, mestúrate comigo (III)

   E tamén podemos escoitalos no vídeo editado polo profesor Manuel Hernández.




7/2/13

Contamíname, mestúrate comigo (II)


Afrontar o reto de educar hoxe en día, pasa por formular e desenvolver plantexamentos que atendan á diversidade de culturas presentes nas aulas, respectando as diferentes formas de entender a vida e facendo posible que, dende as diferenzas culturais recoñecidas, os alumnos e alumnas desenvolvan uns valores comúns para unha convivencia en paz, solidaria e tolerante.  

Dar a coñecer estas culturas e os países de onde provén este alumnado supón o primeiro paso para escoitalos, coñecelos e recoñecelos. Claudia, Melisa, Abigail, Lisset, Moisés, Nacho, Keisy... compartiron  xenerosamnete con todos nós, as súas lembranzas  e vivencias  do seu país natal. Foi unha experiencia gratificante de intercambio e respecto que permitiu integrar, mesturar e contaminarnos un pouco máis se cabe, o noso día a día. 





No me llames extranjera: Necesito comunicar,
especialmente cuando el idioma no se entiende.

No me llames extranjera: Necesito estar con otros,
especialmente cuando la sociedad me hiela el corazón.

No me llames extranjera: Necesito sentirme en casa,
especialmente cuando los míos están tan lejos de los de ustedes.

No me llames extranjera: Necesito una familia,
porque la mía quedó atrás para poder trabajar para la de ustedes.

No me llames extranjera: El suelo que pisamos es el mismo, 
pero el mío no es "la tierra prometida".

No me llames extranjera: El color de mi pasaporte es diferente, 
pero el color de nuestra sangre es el mismo.

No me llames extranjera: El idioma que hablo suena diferente,

No me llames extranjera: Necesito comunicar

                                                               World Mission Magazine







6/2/13

Cóntamíname, mestúrate comigo!


Claudia e Rocío son cubanas, Renato é brasileiro, Moisés e Lisset veñen de Ecuador, María Pía, Nahuel e  Nacho do Uruguai; da República Dominicana Abigail, Keisy e Margaret; Angie, Jean Pierre, Melisa e Carolina son colombianas. 

Durante estas semanas prepararon unha presentación dos seus respectivos países, amosando unha visión persoal da realidade coñecida e vivida por cada un deles. Foi un traballo colaborativo que creou lazos entre eles, que tiveron que xuntarse por nacionalidade e confrontar as súas experiencias´.

3/2/13

1325


1325 - Número da Resolución aprobada polo Consello de Seguridade das Nacións Unidas, que incide na importancia da participación das mulleres na construción da paz.

Da Guerra ocuparanse os homes. Homero, La Ilíada.
Da Paz ocuparanse as mulleres. Anónimo do século XXI.

O grupo de teatro portugués Peripecia levou a escea a obra baixo o título de 1325 onde tres avoas viven nun espazo habitado por roupa e memorias.
Son estas avoas as que nos guían polo universo da muller e a súa relación coa Paz, a través de varios cadros cunha narrativa propia, suxerida polo universo feminino de actividades domésticas, nanas e xogos de nenos, centrándose no activismo, individual ou colectivo, das mulleres.
O ton narrativo de 1325 está intrinsecamente asociado á tenrura e ao humor, procurando intensificar o espírito de positivismo que dá forza a estas mulleres que, por todo o mundo, van tecendo un vestido branco do tamaño da Terra.
A obra representouse no Festival de Teatro de Cangas o 5 de xullo do 2012.



14/12/11

"El mundo al que vienes"



El mundo al que vienes é o título do álbum elexido polos bibliómanos do IES de Sanxenxo para os nenos e nenas do pobo saharaui. Unha pequena aportación para un gran proxecto baixo o nome de Bubisher. 


Aquel niño partía feliz para la vida, para una vida con un libro en la mano, 
siempre en la mano. Dámaso Alonso

Bo Nadal e Felices Lecturas no Novo Ano!!¡







30/1/11

Invisibles



" Cinco directores mostran o seu lado máis sensible ao dar protagonismo a cinco crises esquecidas pola sociedade:
a enfermidade do Chagas, a do sono, os nenos soldado de Uganda, a violencia sexual contra civís do Congo e os campesiños desprazados de Colombia.

Un desexo de dar voz a varios dos que quedaron mudos pola indiferenza. É unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero sobre todo é a vontade de cinco directores por facer visibles os seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles."


Título: Invisibles
Dirección: Wim Wenders, Isabel Coixet, Mariano Barroso, Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa


Xénero: Drama, Documental
Reparto: Lia Chapman, Isabelle Stoffel
Produción: Javier Bardem

2/2/10

A necesaria cultura de paz


Neste final de xaneiro do 2010 no que celebramos o día da Paz e a Non-Violencia na maioría das escolas e os institutos de España, debemos de reivindicar a educación para unha cultura de paz non tanto como unha necesidade educativa, senón como unha necesidade social que responde á urxencia de ter cidadáns e cidadás comprometidos cos problemas globais que afectan ao mundo e coas súas alternativas.

Esta educación para unha cultura de paz debe dirixir o sentido das Ciencias Sociais, Políticas e Morais, da Filosofía e das Humanidades\; pero tamén debería ser o fundamento do sentido das ciencias físicas e experimentais, así como da importancia e da utilidade que hoxe teñen a implantación e o desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, e as súas relacións cos problemas e as solucións globais do mundo moderno.

                                                                                           Editorial  Escuela española do 28 xaneiro 2010




30/1/09

El@s teñen a voz.


La paloma de Rafael Alberti, traducido por LU YAO LIU de ZHEJIANG.(China)



Son catro.

Dous deles acaban de chegar estes días ao instituto.

Pero hoxe xa son coñecidos por case tod@s.

A Biblioteca encheuse para escoital@s.

O mérito de hoxe é ser estranxeiro e estranxeira.

A bandeira que nos unía La paloma de ALBERTI.

Porque en palabras de Gracia, hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transformáronse en trasnos portadores de equidade.




Na Biblioteca recitaron esta mañá catro compañeiros na súa propia lingua, co seu propio acento.
  • Regina de Santo Domingo,

  • Lu Yao, que ven dunha cidade ao lado de Shangai, na China;
  • Fabricio, que ven de Uruguay

  • Andrea, que recitou en flamenco e ven de Holanda.

Mil grazas. Quedámonos cun sabor doce que nos soupo a pouco.


14/5/08

Mellores coches e casas máis grandes.



Traduzo este comentario de Mari Luz Flores, licenciada en Belas Artes e ilustradora de contos acerca desta imaxe publicada no País este outono,que non nos deixa indiferentes e que debería facernos reflexionar, tan sequera por un instante.

Segundo o pé de foto, Novos estudantes aproveitan a luz dos farois do aeroporto de Gbessi, en Guinea- Conakry, onde só o 5% da poboación ten electricidade na casa. 

E penso en nós. Onte oín a Sean Penn nunha entrevista que falaba dunha experiencia que tivera índose un tempo ás montañas. Recomendábao aos mozos para saír do confort en que vivimos. E penso no meu pai, e en todos os da súa xeración: nenos que creceron nunha posguerra, onde só os máis afortunados puideron estudar, e deses tan só un puñado puideron escoller o que querían. E non falemos de saber idiomas ou saír ao estranxeiro. Nós temos todas esas cousas. ¿E que facemos con iso? Mellores coches e casas máis grandes . Pero si que é certo que empregamos todos os recursos que temos ao noso alcance. ¿ Valorámolos, sequera? Un do meu traballo dixo o outro día, textualmente: Non sei o que é o art-deco, pero ademais é que non me importa e dáme igual admitilo.
Non coñezo a súa historia, pero penso no seu pai e no meu, e nos mozos de Guinea-Conakry. Maldita sexa, que desperdicio.

Vía:Cuentos de bolsillo

29/1/08

PAZ, PAU, PAIX, MIR, PEACE, BAKE, SHANTI, FREDE, NEEDED... (VII)

Mañá é o Día da Paz. Desde hai días as bibliotecas escolares galegas colaboramos pola primacía desta, tentamos lembrar á sociedade que é a palabra a que debe vencer sobre as armas, esas palabras que voan nos libros, nos poemas, que se transmiten polo diálogo e non polas armas. Cremos que é o Amor quen debe vencer ao egoísmo, a non-violencia debe vencer á violencia e a PAZ á guerra.

Sétimo traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

24/1/08

Música pola PAZ (III)

Seguindo co noso traballo en prol dun mundo mellor no que o diálogo impere sobre o armamento, hoxe achegámosvos tres propostas musicais aínda quentiñas: toda unha proposta de karaoke pacífico para reflexionar.Solo le pido a Dios:
Blowing in the wind:
Rosa de la Paz:
Terceiro traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ