14/5/08

Mellores coches e casas máis grandes.



Traduzo este comentario de Mari Luz Flores, licenciada en Belas Artes e ilustradora de contos acerca desta imaxe publicada no País este outono,que non nos deixa indiferentes e que debería facernos reflexionar, tan sequera por un instante.

Segundo o pé de foto, Novos estudantes aproveitan a luz dos farois do aeroporto de Gbessi, en Guinea- Conakry, onde só o 5% da poboación ten electricidade na casa

E penso en nós. Onte oín a Sean Penn nunha entrevista que falaba dunha experiencia que tivera índose un tempo ás montañas. Recomendábao aos mozos para saír do confort en que vivimos. E penso no meu pai, e en todos os da súa xeración: nenos que creceron nunha posguerra, onde só os máis afortunados puideron estudar, e deses tan só un puñado puideron escoller o que querían. E non falemos de saber idiomas ou saír ao estranxeiro. Nós temos todas esas cousas. ¿E que facemos con iso? Mellores coches e casas máis grandes . Pero si que é certo que empregamos todos os recursos que temos ao noso alcance. ¿ Valorámolos, sequera? Un do meu traballo dixo o outro día, textualmente: Non sei o que é o art-deco, pero ademais é que non me importa e dáme igual admitilo.
Non coñezo a súa historia, pero penso no seu pai e no meu, e nos mozos de Guinea-Conakry. Maldita sexa, que desperdicio.

Vía:Cuentos de bolsillo

No hay comentarios: