Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Formación de usuarios. Mostrar todas las entradas

10/6/13

Seguimento dos empréstitos 2012-13


Ofrécese información sobre diversos parámetros do uso que a comunidade educativa deu aos fondos, como por exemplo: cales foron os documentos máis demandados e a evolución do seu uso ao longo do presente curso escolar.

Os documentos máis demandados foron os libros, representando o 87,64% dos empréstitos solicitados, seguido dos audiovisuais cun 9,39%. Os documentos electrónicos tiveron unha demanda do 2,21% e os documentos englobados nos capítulos de documentos sonoros e outros documentos só tiveron unha demanda do 0,75%, realizándose 14 empréstitos destes capítulos en todo o curso.     

Os empréstitos totais de fondos realizados mensualmente reflíctense na seguinte gráfica:



A evolución do empréstito de fondos realizada con respecto a cursos anteriores, segue a ter unha tendencia ascendente. Así o incremento deste curso escolar, con respecto ao pasado, é dun 22,8%. Na gráfica seguinte pódese observar a evolución dos empréstitos totais ao longo dos cinco últimos cursos escolares.


Nesta outra gráfica pode verse tanto a evolución porcentual anual como a acumulada con respecto ó curso inicial de estudo.


O incremento porcentual de empréstitos realizados dende o curso 2008-2009, momento a partir do cal se dispón de datos estatísticos, foi constante curso a curso, acumulándose no curso actual un incremento do 125,98% con respecto a aquel, segundo se pon de manifesto na gráfica.

Sinalar que este incremento no número de empréstitos prodúcese a pesares de que  o número de alumnos/as matriculados no centro ven diminuíndo nos últimos cursos escolares, aínda que no presente curso houbo un pequeno incremento, do 2,33%, sobre o curso anterior. 

Análise realizada por Mª Carmen Parrado.


18/12/12

Visita a biblioteca municipal









      O alumnado de 1º ESO estivo esta mañá na Biblioteca municipal de Miraflores para coñecer da man das súas responsables a organización e funcionamento da mesma.



     Unha experiencia que permitirá a estes usuarios unha maior autonomía á hora de localizar calquera libro ou documento e sentir a biblioteca municipal máis próxima e conectada  cos seus intereses.  

21/11/12

Achegámonos á Biblioteca!

 
   Conscientes da importancia da formación de usuarios, o novo alumnado de 1º ESO achégase este mes pola biblioteca para recibir información sobre os fondos, a súa colocación e clasificación, así como saber acceder aos documentos, a utilizar as obras de referencia, divulgativas, literarias e a buscar e recuperar a información.  O principal obxectivo é iniciarse no manexo dos recursos da biblioteca de forma autónoma.

   Nestas sesións móstraselle aos rapaces e rapazas o funcionamento da biblioteca e as normas polas que se rixe a través de actividades en soporte impreso e dixital.

















2/5/12

Ruta modernista por Barcelona


     Distribuidos en grupos mixtos con integrantes dos distintos centros participantes no proxecto ARCE e coordinados polas compañeiras de Ripollet comezamos a busca das respostas ás cuestións formuladas para completar a lectura de GAUDITRONIX, de Jordi Sierra i Fabra. Fabra: parc Güell, a Sagrada Familia, a Pedrera, a casa dos mil ollos, o palacio da música...






Biblioteca CAN BUTJOSA


     A biblioteca Infantil e Xuvenil Casa Butjosa inaugúrase o 10 de abril de 1983 froito dun convenio entre a Generalitat e o Concello de Paredes e é unha das poucas bibliotecas especializadas para nenos que existen en Cataluña. A característica física máis diferenciada é que ocupa unha casa de campo reutilizada, redistribuída co fin de acoller a actual biblioteca de Can Butjosa.

Neste momento, conta cun fondo de 21.000 libros de 60 países diferentes e un longo camiño feito da man de Mercè Escardó.  

     O mércores 25 de abril, co motivo do intercambio cos outros institutos que participamos no proxecto ARCE, tivemos a ocasión de poder visitala. Rodeada de glicinas aromáticas fomos transportados ao interior convertidos en seres diminutos a causa da maxia do "follet". As imaxes falan por si mesmas.





1/11/11

Olimpiada Solidaria de Estudo




Queres ser un estudante solidario?

Pois é ben doado. 

. Achégate ao responsable da Biblioteca  para que tome nota do teu compromiso de estudo.

. Poderás  vir nos recreos e tamén os martes e os xoves pola tarde

. A sala da Biblioteca  é un lugar perfecto para o estudo. 

. Cada hora do teu estudo convertirase nun euro, que aportarán as entidades patrocinadoras para que outros rapaces e rapazas en Haití tamén poidan estudar. 

A campaña comeza o 5 NOVEMBRO e dura tan só un mes. A Olimpiada foi pensada por una ONG española, Coopera - Jóvenes para la Cooperación al Desarrollo - e  organizouse por primeira vez no 2003 en  Logroño. 


+ info: http://www.olimpiadasolidaria.com/








28/2/10

ALFIN na Biblioteca

 



Ademais destas xornadas no IES, o alumnado do primeiro ciclo visitou a Biblioteca Municipal completando a formación de usuarios recibida. Ler máis en Arredor de nós.

2/11/09

Outubro e Biblioteca


Non podíamos deixar pasar o mes de outubro sen rendir a nosa homenaxe á Biblioteca e aliámonos co cine. Unha exposición  da carteleira,  un xogo de pistas e a proxección de varios fragmentos de películas como o que recolle o vídeo de Cadena Perpetúa foron a nosa proposta.











 





Ademais, como xa vén sendo habitual nos últimos anos, cinco profesores do equipo da Biblioteca  asistimos ás Xornadas de BE en Santiago. Un magnífico fin de festa para rendirlle ás Bibliotecas un posto visible nos centros. Moitos blogs  fixeron referencia ás ponencias e os seus relatores. Citar O Segrel do Penedo como mostra.

5/10/09

Estudia polas tardes na Biblioteca !!!

O novo curso escolar xa está en marcha. As chuvias chegaron meténdonos de cheo no outono e nos hábitos da vida académica.

A Biblioteca  abre as súas portas tamén polas tardes. Os MARTES e os XOVES poderedes vir  ler, a facer traballos en equipo, a  buscar información, a solicitar préstamos...

Todos os que colaboramos neste proxecto estamos seguros/as de que a posta en marcha deste servizo incidirá na mellora dos rendementos escolares, na adquisición das competencias básicas, sobre todo na mellora da autonomía, na capacidade de aprender a aprender, na potenciación do hábito lector…  repercutindo na vida diaria dos estudantes e na súa formación como persoas ao tempo que se favorece unha educación non discriminatoria na igualdade de oportunidades.

 A Biblioteca estará atendida por dúas nais da ANPA,  Patricia Salías  e Amelia Aguín  e dúas alumnas voluntarias, Lara Crespo e Mónica Barral.

A todas elas GRAZAS pola súa colaboración!!!







18/9/09

Recursos web do OPAC MEIGA


A Biblioteca do IES Nsa. Sra. dos Ollos Grandes acaba de publicitar no seu blog  un recurso con gran potencial educativo que temos á nosa disposición  todas as bibliotecas que estamos na rede de Bibliotecas de Galicia xestionadas polo OPAC MEIGA. Para acceder só precisas ser usuario dunha destas bibliotecas e entrar no portal do programa Meiga, en Recursos web no lateral esquerdo e elexir a ligazón do teu interese: recursos electrónicos/ webs recomendadas/ e-revistas/ autores galegos/ Bib. virtual galega/ Bib. dixital de Galicia...




Para acceder só precisas introducir o número de carné da Biblioteca da que eres usuario e como contrasinal o teu nome ou un dos teus apelidos.

30/4/09

Na Biblioteca Municipal






Os rapaces de 1º veñen de rematar o obradoiro de formación de usuarios impartido polas bibliotecarias da rede do concello, dentro do programa Coñece a túa Biblioteca. Unha experiencia necesaria e imprescindible que contribue na mellora da autonomía e na capacidade de aprender a aprender.


7/5/08

Visita á Biblioteca Municipal


Posted by Picasa


Os moz@s de 1º visitaron a Biblioteca Municipal de Miraflores para realizar unha actividade de formación de usuarios. Para algúns, o espazo era coñecido por ser socios ou por pasar tardes alí facendo as súas tarefas. Para outros, foi unha sorpresa atoparse cun lugar soleado, amplo, cun espazo dedicado exclusivamente aos mais cativos que os engaiolou...
Rosa, a encargada da Biblioteca, guiou a visita explicándolle o funcionamento e organización da mesma para pasar a desenvolver logo actividades de búsqueda de información(momento que recollen as imaxes)Quedaron os rapaces con ganas de que se lle lera un conto. O vindeiro ano...haberá que ir con mais tempo.