O novo curso escolar xa está en marcha. As chuvias chegaron meténdonos de cheo no outono e nos hábitos da vida académica.
A Biblioteca abre as súas portas tamén polas tardes. Os MARTES e os XOVES poderedes vir ler, a facer traballos en equipo, a buscar información, a solicitar préstamos...
Todos os que colaboramos neste proxecto estamos seguros/as de que a posta en marcha deste servizo incidirá na mellora dos rendementos escolares, na adquisición das competencias básicas, sobre todo na mellora da autonomía, na capacidade de aprender a aprender, na potenciación do hábito lector… repercutindo na vida diaria dos estudantes e na súa formación como persoas ao tempo que se favorece unha educación non discriminatoria na igualdade de oportunidades.
A Biblioteca estará atendida por dúas nais da ANPA, Patricia Salías e Amelia Aguín e dúas alumnas voluntarias, Lara Crespo e Mónica Barral.
A todas elas GRAZAS pola súa colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario