18/9/09

Recursos web do OPAC MEIGA


A Biblioteca do IES Nsa. Sra. dos Ollos Grandes acaba de publicitar no seu blog  un recurso con gran potencial educativo que temos á nosa disposición  todas as bibliotecas que estamos na rede de Bibliotecas de Galicia xestionadas polo OPAC MEIGA. Para acceder só precisas ser usuario dunha destas bibliotecas e entrar no portal do programa Meiga, en Recursos web no lateral esquerdo e elexir a ligazón do teu interese: recursos electrónicos/ webs recomendadas/ e-revistas/ autores galegos/ Bib. virtual galega/ Bib. dixital de Galicia...




Para acceder só precisas introducir o número de carné da Biblioteca da que eres usuario e como contrasinal o teu nome ou un dos teus apelidos.

1 comentario:

Serafín dijo...

Non coñeciamos este recurso, pero merece darlle toda a publidade. Sobre todo, para traballar co alumnado.
Bo curso, desde Verín.