Estou aquí porque quero falarvos da educación e do que se espera de todos vós neste novo ano escolar.
Hoxe estouvos pedindo que fixedes as vosas propias metas e que fagades todo o posible para cumprir con elas. A meta pode ser algo tan simple como facer todas as tarefas, prestar atención na clase ou pasar algún tempo cada día lendo un libro.

Obama realizou esta intervención dentro do discurso inaugural do comezo de curso nunha escola de Secundaria en Virxinia. Aquí vémolo na Biblioteca charlando cos alumnos, nos momentos previos a ese discurso.
Porque xa estamos de volta das vacacións e preparándonos tamén para o inicio do curso escolar. Porque esta imaxe nos resulta familiar, salvando claro está, as distancias e os persoeiros. Porque como se recolle no blog das Bibliotecas escolares de Galicia, isto a nós, tamén nos gusta. Non é a primeira vez que escoitamos falar a Obama de educación ou sobre a importancia da lectura. Que as súas palabras nos servan de impulso nesta nova andaina.
BENVIDOS/AS AO NOVO CURSO QUE SE INICIA ¡!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario