Por esa biblioteca que nos une en torno ós libros,
polos bibliómanos/as que favorecen a comunicación e o traballo colaborativo,
por esa biblioteca que distribúe equitativamente a riqueza inmaterial,
polos bibliómanos/as que transitan polo interior recollendo a palabra, o pensamento,
as experiencias, os soños e desexos..., a vida.
as experiencias, os soños e desexos..., a vida.
Por esa biblioteca que ten sempre algo que dar a todos e a cada un de nós,
polos bibliómanos/as entusiasmados en descubrir novos horizontes,
por esa biblioteca coa porta aberta, cos estantes accesibles e chea de luz,
polos bibliómanos/as que desprenden xenerosidade e espíritu crítico.
Para todos/as vós que coagulades o tempo nas páxinas dos libros, queda aquí esta ventá aberta para poder consultar os recursos que vos sexan de utilidade, para lembrar as boas sensacións vividas, as lecturas compartidas, as opinións e reflexións vertidas nestes anos...
Porque os bibliómanos/as coma vós, podemos facernos eco das palabras de Emilio Lledó, recollidas no ensaio Los libros y la libertad :
Dos meus libros, das bibliotecas que frecuentei, aprendín o diálogo e a liberdade de pensar. Durante séculos, foron os libros os vencedores do carácter efémero da vida. Por iso foron riscados, prohibidos, queimados polos profesionais da ignorancia e a mentira. Pero seguen vivos, teñen que seguir vivos, conservando a memoria e fomentando a intelixencia."
E así seguirá sendo:
O tesouro é todo o que aprendestes, os libros que lestes, a cultura que adquirísedes. Ese tesouro, que levades convosco, non será detectado por ningún escáner, cruzará libremente todas as alfándegas e fronteiras, e tampouco ningún pirata nunca volo poderá arrebatar."
No hay comentarios:
Publicar un comentario