20/1/08
Agustín, de novo entre nós.
Se sentes amor polos libros, estes relatos que vén de publicar Agustín Fernández Paz son unha apaixonada homenaxe a eles, aos libros coma compañeiros da vida na aventura de amar.
Tamén son un bo agasallo para os pais e avós. O sabor da nostalxia, o recordo das chispas que saltaron co descubrimento dos primeiros amores impregnan estas páxinas cheas de lirismo. Sentimos a un Fernández Paz, directo e cercano igual que cando o tivemos próximo con ocasión da entrega de premios do III Certame Literario no mes de xuño.
Nesta páxina:
http://olevantadordeminas.blogaliza.org/2007/10/18/367/
podes escoitar na voz do propio autor a lectura dun dos relatos: Amor de agosto.
Todo un pracer.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario