Violencia é que ainda no século XXI, os dereitos das nenas e nenos de todo o mundo seguen sen respectarse. Pois ben, queremos achegarvos un poema de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor que vai ser homenaxeado no Dia das Letras Galegas deste ano e que pouco a pouco iremos coñecendo ao longo do curso. Fálanos duns nenos que teñen que vivir na rúa, da esmola da xente, e como ata a algunha xente lle chega a parecer normal esta situación tan inxusta.
Non é certo que os nenos teñan fame. Non pode ser.Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos.Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola,non teñen fame, non, porque daquelavos teríades morto de vergonza.E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas: -¡viva, beba, baba, buba¡-sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petandona porta de ferro.Por iso penso que non é verdadeo que algún caviloso di dos nenosque andan así petando pola vida.-¡Non, home, non!- lle dixen a unde aqueles -A xente pasa leda......¡Fora boaque andivesen a rirse dos seus crimes!.Xosé María Álvarez Blázquez(Tui 1915-1985)
Cuarto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares en prol da PAZ
No hay comentarios:
Publicar un comentario