23/4/08

Elvira Pérez entre nós


Os rapaces de 1º ESO participaron hoxe nun obradoiro de escrita creativa con Elvira Pérez,membro de GÁLIX e autora de A contar ovellas Coa música de Pablo Novoa de fondo tiveron que improvisar unhas palabras. Seleccionamos o poema de Lidia Álvarez que recibiu os parabéns da autora convidada.

Cuando miré por la ventana
y no vi la mañana
me desesperé y dije
¿dónde está mi mañana?
Mi mañana está reflejada
en la cuna de mi hermana.


Elvira Pérez, cercana aos rapaces, soupo cautivalos falándolles da importancia da literatura e dos contos nas nosas vidas. Amosoulle imaxes que recollen como a publicidade se vale da súa maxia.

Agasallounos non tan só coa súa presenza senón que ademais nos deixou para a Biblioteca un exemplar dunha versión fermosísima do Soldadiño de chumbo e o CD de música que escoitamos. Moitísimas grazas. Foi todo un pracer.

2 comentarios:

fátimagpr dijo...

ola,
Desde Valadares seuimos as vosas pegadas a favor da literatura.
Bicos
Fátima

Unknown dijo...

Pareceme que a vida de Elvira é tan fantástica como un conto pero o extraordinario é que é real e o nome ideal para un conto seu sería A REALIDADE DA VIDA DOS CONTOS.