31/5/08

Calvin & Hobbes: Ler é perigoso.




De Calvin & Hobbes, a divertida tira humorística de Bill Watterson.


Calvin: Linme o libro da biblioteca que me colleches.
Nai: E que che pareceu?
Calvin: Realmente fíxome ver as cousas doutro xeito. Deume moito no que pensar.
Nai: Alégrome que o gozases.
Calvin: Estame complicando a vida. Non me collas ningún máis.

18/5/08

LETRAS GALEGAS, todos os días do ano




Aquí tedes un agasallo do Departamento de Normalización Lingüística. O rap de Dios ke te krew, que musica o poema de Celso Emilio Ferreiro, vai ser un fenómeno social. É DINAMITA! Gústavos, non si?

Celso Emilio Ferreiro
DEITADO FRENTE AO MAR


Lingoa proletaria do meu pobo,

eu fáloa porque sí, porque me gosta,

porque me peta e quero e dame a gaña;

porque me sai de dentro, alá do fondo

dunha tristura aceda que me abrangue

ao ver tantos patufos desleigados,

pequenos mequetrefes sin raíces

que ao pór a garabata xa nan saben

afirmarse no amor dos devanceiros,

falar a fala nai,

a fala dos abós que temos mortos,

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos do lingoaxe,

remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta

e quero estar cos meus, coa xente miña,

perto dos homes bos que sofren longo

unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,

non falo pra os ruis e poderosos,

non falo pra os finchados,

non falo pra os valeiros,

non falo pra os estúpidos,

que falo pra os que agoantan rexamente

mentiras e inxusticias de cotío;

pra os que súan e choran

un pranto cotidián de volvoretas,

de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas

de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,

berce da miña estirpe,

Galicia, dóce mágoa das Españas,

deitada rente ao mar, ise camiño...

17/5/08

Día de ...




Na nosa comunidade o 17 de maio adquire especial dimensión por coincidir a festa das Letras Galegas co Día de Internet e o Dia Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información. Ademais o domingo, despois da celebración do Día das Letras Galegas, conmemórase a Noite dos Museos,emparellada co Día Internacional dos Museos.



Lingua, internet,e museos, unha triple invitación ao seu uso e disfrute. Tres efemérides de hoxe e mañá, para aos 365 días do ano.

A letras poden



(Vía A Nosa Biblioteca)

16/5/08

Why We Need To Teach Technology in School



(Vía tecnoTIC)

A flor máis grande do mundo

Corto de animación de Juan Pablo Etcheverry, premio do público no Festival de Cans no 2007. Basado no conto do escritor portugués Xosé Saramago, Premio Nobel de Literatura, A maior flor do mundo. O propio Saramago é o narrador e Emilio Aragón compuxo a música.

Corto:



Reportaxe:




(Vía Las Tic en Plástica)

14/5/08

Palabras, palabras, ... palabras?



Co encabezado de Que ler, para que ler, onde ler? os alumnos de 4º montaron un mural na entrada exterior do centro con imaxes e materiais traídos polos alumnos de 1º.
O tríptico pretende facer visible que lemos en distintos soportes e que ademais o facemos en todo momento, dende as mensaxes que recibimos no móvil, ata a etiqueta da camisa que acabamos de comprar como as instruccións para poñer en funcionamento un electrodoméstico... aínda que cando falamos de LER o fagamos noutro sentido, por iso non son tan só palabras. ¿Que hai máis alá?¿Para que lemos?
No segundo panel recóllense as "confesións" de escritores e tamén as deles, moitas escritas en inglés.
Por último os rapaces e os seus familiares, con mascota incluida en moitos casos, fotografáronse no lugar que máis lle gusta ler.
Os departamentos de Inglés e Plástica colaboraron na actividade

HORA DE LER



- ¿Ler polo mero feito de ler?

-Si, ler por ler é fantástico. Non hai que esquecer que a literatura debe ter un punto de inutilidade, como todas as cousas belas. Non sempre hai que buscarlle unha función ás cousas e a lectura é unha delas.
Emili Teixidor

Vías: Cuentos de bolsillo
Lali

Mellores coches e casas máis grandes.



Traduzo este comentario de Mari Luz Flores, licenciada en Belas Artes e ilustradora de contos acerca desta imaxe publicada no País este outono,que non nos deixa indiferentes e que debería facernos reflexionar, tan sequera por un instante.

Segundo o pé de foto, Novos estudantes aproveitan a luz dos farois do aeroporto de Gbessi, en Guinea- Conakry, onde só o 5% da poboación ten electricidade na casa

E penso en nós. Onte oín a Sean Penn nunha entrevista que falaba dunha experiencia que tivera índose un tempo ás montañas. Recomendábao aos mozos para saír do confort en que vivimos. E penso no meu pai, e en todos os da súa xeración: nenos que creceron nunha posguerra, onde só os máis afortunados puideron estudar, e deses tan só un puñado puideron escoller o que querían. E non falemos de saber idiomas ou saír ao estranxeiro. Nós temos todas esas cousas. ¿E que facemos con iso? Mellores coches e casas máis grandes . Pero si que é certo que empregamos todos os recursos que temos ao noso alcance. ¿ Valorámolos, sequera? Un do meu traballo dixo o outro día, textualmente: Non sei o que é o art-deco, pero ademais é que non me importa e dáme igual admitilo.
Non coñezo a súa historia, pero penso no seu pai e no meu, e nos mozos de Guinea-Conakry. Maldita sexa, que desperdicio.

Vía:Cuentos de bolsillo

7/5/08

Visita á Biblioteca Municipal


Posted by Picasa


Os moz@s de 1º visitaron a Biblioteca Municipal de Miraflores para realizar unha actividade de formación de usuarios. Para algúns, o espazo era coñecido por ser socios ou por pasar tardes alí facendo as súas tarefas. Para outros, foi unha sorpresa atoparse cun lugar soleado, amplo, cun espazo dedicado exclusivamente aos mais cativos que os engaiolou...
Rosa, a encargada da Biblioteca, guiou a visita explicándolle o funcionamento e organización da mesma para pasar a desenvolver logo actividades de búsqueda de información(momento que recollen as imaxes)Quedaron os rapaces con ganas de que se lle lera un conto. O vindeiro ano...haberá que ir con mais tempo.

6/5/08

Día do libro




A voltas coa Semana Cultural. O día 23 celebramos o Día do Libro cunha pequena acción no noso centro. De súpeto, varias persoas enmudeceron. Deixaron de falar, de xogar, de atender, de comer, de mirar... atraídas pola irresistible e gorentosa PÁXINA.

Para todos aqueles aos que lles gusta "viciar" nos libros, aí vai este Decálogo de dereitos dos que len. Non te avergonces, non te reprimas. Somos moit@s...e perigos@s! ;)



1. O dereito a non ler.
2. O dereito a saltar páxinas.
3. O dereito a non acabar un libro.
4. O dereito a reler.
5. O dereito a ler calquera cousa.
6. O dereito ao bovarismo( enfermidade de transmisión textual).
7. O dereito a ler en calquera lugar.
8. O dereito a follear.
9. O dereito a ler en voz alta.
10.O dereito a estar calad@.

Traducido do libro de Daniel Pennac, Como una novela (Alfaguara, 1993)