2/6/08

FELICITACIÓNS A MANUEL LOURENZO


O dramaturgo Manuel Lourenzo ven de recibir o Premio Nacional da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas. Foi valorado polo xurado por ser o pai do teatro independente galego e destacar como actor, director, dramaturgo, autor de textos teatrais e ademais desenvolver un importante traballo de base como profesor. As súas contribucións á escena galega son abundantes e notables en todos estes campos, desde que en 1965 formara a súa primeira compañía, Grupo de Teatro O Facho, ata o traballo que desenvolve na actualidade na escola Casahamlet.
Dende aquí enviamos ao autor e actor as nosas felicitacións e animamos aos membros presentes e futuros do Grupo Retrincos do noso centro -ou a quen quixer- á montaxe dalgunha das súas obras. Velaí vai un saboroso bocado do inicio de Cando chega decembro . A primeira acotación di así:

Asilo neogótico, con trepadeiras a aganchar polos muros pedreños, afirmando-se nas gretas, empecendo a carreira dos canos. As xanelas, veladas pola xelosia vexetal, ollos pechados prontos á palpitación cando se anuncia orxia. O xardin, envolvendo o edifício, matorral abafante, rico en sombras e siléncios. E xa como tapiz de fundo, a cordilleira, de cumes excelsos e nevados. Porque é inverno e estamos en Europa.

Sen palabras

No hay comentarios: