30/7/08

Feira do Libro de A Coruña

Non hai mellor homenaxe a unha cidade que darlle como regalo a inmortalidade literaria.

Deste xeito é como A CORUÑA inaugura unha serie de actividaes relacionadas coa literatura.

As actividades programadas son:

Marinedas. Literatura e cidades, cidades e literatura

Co sobrenome literario recollido de E. Pardo Bazán , o escritor Pedro A. Ramos García coordina un ciclo de conferencias facendo un percorrido por A Coruña, Madrid e Barcelona.

As conferencias terán lugar ás 21.00 h. na carpa da Feira do LIBRO nos xardíns de Méndez Núñez.

Venres 1: Pasado e presente dunha cidade literaria: A Coruña. Relator: Xulia Souto

Sábado 2: O Madrid de Historias do Kronen. Relator: José Ángel Mañas


Xoves 7: A Barcelona negra e mediterránea de Vázquez Montalbán. Relator: Paco Camarasa
Venres 8: A odisea coruñesa. Relator: Manuel Rivas

Verbas na rúa
En distintos lugares da cidade colocaranse no chan frases alusivas, poemas e prosas dedicadas á cidade. Outra forma de coñecer e ler A Coruña.


Premios Microcoruñas

Entrega dos premios do certame Microcoruñas ao que se presentaron 170 propostas entre as tres categorías: micropoemas, microrrelatos e microcurtas relacionados coa cidade coruñesa e que conta coa colaboración de FNAC Coruña.

Os membros do xurado son Marta Otero, Miguel Anxo Fernán Vello, Ana Abelenda e Manolo Lourenzo.
- Lugar: Fundación Luís Seoane
- Día: sábado 9 de agosto ás 20.30 h.

Presentación de libros
Con motivo da realización do VIII Centenario da cidade da Coruña, o Concello en colaboración con distintas editoriais, publica diversos libros dedicados especialmente á cidade que serán presentados na Fundación Luís Seoane.


Imaxe recollida en http://www.pilarlopezroman.com/
Información enviada por Cuatro cuentos.

Aceptamos gustosos a invitación. Será unha ledicia pasear polos xardíns de Méndez Núñez aínda que ameace chuvia.

No hay comentarios: