Dende BIBLIOMANÍA queremos aplaudir a iniciativa que a Asociación de Hoteis Rurais de Navarra organizou para a semana do 24 ao 31 de agosto. Trátase da SEMANA DO LIBRO, unha iniciativa que, baixo o lema Ideas peregrinas, pretende modernizar o sector e adecualo á evolución do turismo.
Gústanos, ademais de inflarnos de optimismo, que o LIBRO sexa o elexido para modernizar o sector. Para a asociación, o crecemento da oferta, a irrupción e consolidación de Internet como canle de información e comercialización, e a aparición do concepto low-cost esixen algo máis que un cambio de imaxe e por iso o seu obxectivo de ckrear e reckrear produtos que contribúan a dar satisfacción a unha demanda que pide experiencias que enriquezan.
Dentro destas iniciativas enmárcase esta primeira Semana do Libro. Co slogan A palabra en xogo pretenden que turistas e autóctonos vivan unha semana de intercambio e coñecemento, unha semana para escribir, escoitar, conversar, ler e imaxinar con palabras reinventadas, paseadas, aireadas e intercambiadas.
A nosa noraboa pola idea,desexarlle éxito e que esta iniciativa se consolide e propague.
Consultar programa aquí.
Web da asociación: http://www.reckrea.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario