3/8/08

Un paseo polo Barrio das Letras

Se hai un sitio no que se respira literatura en Madrid, ese é o chamado Barrio de las Letras onde viviron escritores da talla de Cervantes, Lope de Vega, Góngora ou Quevedo. Pasear pola rúa Huertas fai que miremos ao chan e nos paremos a ler as letras douradas que recollen verbas que inmortalizaron estes literatos, ademais de atoparnos con placas coa súa biografía.

A praza de Santa Ana, sempre concurrida está flanqueada polas estatuas de Calderón e Lorca. Moi próxima , na rúa do Príncipe atopámonos co Teatro Español e o Teatro da Comedia, dúas salas emblemáticas da cartelera cultural madrileña.

Paseemos pois, aínda que sexa de forma virtual por este barrio.

No hay comentarios: