26/10/08

Agustín Fernández Paz

Agustín Fernández Paz forma parte dos escritores que tivemos o privilexio de escoitar en persoa, agora vai xa algo máis dun ano con motivo da entrega dos premios do III Certame Literario. A súa traxectoria é seguida por nós dende aquela, e ao igual que el soupo emocionarnos aquela tarde coas súas palabras, estos días nós estamos felices pola concesión do premio que acaban de otorgarlle.
O único que queda é o amor é unha obra que fala da capacidade transformadora do amor, e como non podía ser doutro xeito, da man do amor aos libros e a lectura.
O relato co que comeza o libro Un radiante silencio adéntranos da man de Sara nun espazo silencioso dunha nova librería, recentemente inaugurada no barrio de negocios onde traballa e onde achará o pracer das lecturas compartidas. Alí descubrirá o amor a través das palabras ocultas entre as páxinas dos libros. Un relato dunha gran sensibilidade e sutileza.
OS NOSOS PARABÉNS POR TAN MERECIDO PREMIO!!!

20/10/08

Libros e lectura con L de Liberdade!!!!


Como ven sendo habitual por estas datas os que trafegamos cos libros temos unha cita obrigada en Santiago. Este fin de semana tiveron lugar os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER . Cinco profesores do centro asistimos aos relatorios de Isabel Solé, José García Guerrero, Rosa Piquín e Antonio Basanta así como ás presentacións de experencias concretas levadas a cabo en distintos centros da xeografía galega e canaria.


A nosa experencia da Hora de ler foi unha das seleccionadas para expoñer. A cita de Antonio Basanta escollida para esta ocasión reafirma a necesidade de adicar un tempo á lectura dentro do horario lectivo:


Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.

E se esa lectura faise coma el a fixo na súa conferencia de peche calará fondamente en quen a escoite conseguindo transmitir, contaxiar o desexo de ler. Grazas, mestre.









Emilio Calatayud e as súas sentencias exemplares





Vai xa para cinco anos que Enrique tivo un encontronazo coa Policía Local de Granada. O incidente acabou no Xulgado de Menores que presidía o maxistrado Emilio Calatayud. Enrique estaba acusado de circular en ciclomotor sen ter os papeis do seguro en regra. No interrogatorio, Enrique desvelou que lle encantaba rotular cómics. O xuíz tomou nota do detalle e impuxo ao mozo unha pena singular: debía debuxar un cómic sobre a infracción que cometeu, tamén acomparía a tetrapléxicos ao cine ou a dar unha volta.
O xuíz e "o seu condenado" non perderon o contacto. Calatayud acudirá a el para pedirlle que ilustrase os seus libros - que axiña teremos na Biblioteca do instituto- e que recollen os textos das súas conferencias. Enrique Ruiz aceptou. Seus son os debuxos que figuran en Emilio Calatayud, reflexións dun xuíz de Menores' (Libros Dauro) e tamén no recén saído Mis sentencias favorables (Esfera libros)
Para ler as primeiras páxinas deste último libro cliquea aquí.

Se queres escribirlle ao autor, aquí.
Para saber o que opinan os teus compañeiros sobre a conferencia impartida en Sanxenxo visita Arredor de nós.