Como ven sendo habitual por estas datas os que trafegamos cos libros temos unha cita obrigada en Santiago. Este fin de semana tiveron lugar os II ENCONTROS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA baixo o lema BIBLIOTECAS PARA LER E APRENDER . Cinco profesores do centro asistimos aos relatorios de Isabel Solé, José García Guerrero, Rosa Piquín e Antonio Basanta así como ás presentacións de experencias concretas levadas a cabo en distintos centros da xeografía galega e canaria.
A nosa experencia da Hora de ler foi unha das seleccionadas para expoñer. A cita de Antonio Basanta escollida para esta ocasión reafirma a necesidade de adicar un tempo á lectura dentro do horario lectivo:
Pódese vivir sen ler, abofé. Pero esta é unha opción que cada cidadán debe tomar en liberdade, nunca como consecuencia dun sistema que oculte, debilite ou faga imposible a lectura.
E se esa lectura faise coma el a fixo na súa conferencia de peche calará fondamente en quen a escoite conseguindo transmitir, contaxiar o desexo de ler. Grazas, mestre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario