18/11/08

A lectura na sociedade da información


Esta semana están tendo lugar en Madrid unhas xornadas monográficas baixo o título A lectura na Sociedade da Información organizadas pola fundación Santillana. Recollemos algunhas das intervencións do día da inauguración publicadas no diario El País.


Fernando Reimers: catedrático de Educación Internacional na Universidade de Harvard.

  • A lectura non é un área máis, é a peza fundamental para aprender o resto de materias. Por iso, tanto a directora da escola como o profesor de matemáticas ou ciencias e a supervisora curricular deberían ter polo menos un nivel básico de coñecemento acerca de como promover a aprendizaxe da lectura e a escritura no seu ámbito específico.
  • A función que ten a lectura e escritura no ámbito familiar tamén inflúe nos hábitos que desenvolve un neno.
  • Un problema común do profesorado na súa formación inicial é a falta de preparación especializada na didáctica da lecto-escritura.
Ignacio Polanco:presidente do Grupo PRISA.

  • As novas tecnoloxías revitalizaron a lectura
    A lectura é o resorte máis importante na aprendizaxe e o que dá sentido a todos os recursos que as tecnoloxías da información e a comunicación achegan. (...) Estas revitalizaron a lectura, facéndoa máis necesaria e salientando os seus aspectos máis necesarios, a comprensión e a valoración.

Mercedes Cabrera: ministra de Educación.
  • As familias teñen un papel fundamental no hábito de lectura dos fillos.
  • A misión do profesorado non termina en transmitir coñecementos, senón en espertar o afán por coñecer, por ler.
  • Os profesores deben ler cos alumnos para transmitir o pracer da lectura e o ansia de aprender.
  • Os alumnos non deben conformarse cos libros obrigatorios na escola, senón que hai que acompañalos para que saiban elixir os que lles axuden a entender o mundo e a participar nel.
  • Tamén destacou a importancia de mellorar as bibliotecas escolares como lugar non só de estudo, senón tamén de refuxio '' e de goce.

    Na fotografía recollida de EL País, Ignacio Polanco e Mercedes Cabrera seguen a conferencia de Fernando Reimers.

No hay comentarios: