A chamada xeración dos 90, renovou dous aspectos da lírica: a incorporación de mulleres poetas, e a difusión en formatos alternativos. Así, nomes como os de Olga Novo, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, María do Cebreiro, Emma Pedreira, Lupe Gómez, María Lado, Lucía Aldao ou Ana Cibeira, nacidas nas décadas dos setenta e oitenta, ou de autoras como Chus Pato, algo maiores pero coincidentes en poética, resultan fundamentais para comprender o que se escribe en Galicia, e en galego, desde a década pasada.
Unha xeración que non abandonou o formato clásico do libro —representado por Espiral Maior, e por Ablativo absoluto, de Xerais, recibindo un aluvión de premios—, e que outorgou importancia ao recital —en pubs , bares e tabernas—, e os boletíns, e a autoedición —sinónimo non de necesidade, senón de liberdade— ou as coleccións independentes e impulsadas polos propios escritores, baixo selos como Positivas, Edicións do Dragón ou Letras de Cal.
Facer mención tamén a dúas antoloxías literarias nas que participan algunhas das poetisas citadas.
Damas negras: antoloxía poética recopilada por María do Cebreiro e que recolle cancións interpretadas por mulleres afroamericanas.
Mujeres de carne y verso onde atopamos nomes como o de Rosalía de Castro, Yolanda Castaño e Estíbaliz Espinosa que aportan a súa visión vitalista, romántica, feminista, e comprometida da existencia; voces propias que deixan a súa pegada no mellor da lírica escrita. Delas é a palabra.
Máis información en: Poesía digital; en Enfocarte, en AELG
2 comentarios:
Co voso permiso, recollo a presentación de fotos. Parabén polo voso traballo, sempre exemplo. E grazas
Grazas a ti,Gracia. Ben sabes que traballar en equipo é moito máis enriquecedor e ilusionante.
Bicos.
Publicar un comentario