7/4/09

RECEITA DE COMO LER UN BO LIBRO

Abril asociámolo a LIBROS. Rebeca, de 1º ESO, gran lectora e amiga dos libros, envíanos esta receita para incorporar ao noso menú diario.
RECEITA DE COMO LER UN BO LIBRO
Ingredientes:
  • Un bo libro.
  • Unha estancia cómoda.
  • Un bo asento.
  • E un cerebro.

En primeiro lugar debe coller o seu libro e dirixirse á súa estancia cómoda. Asegúrese de preparar con antelación a estancia antes de comezar. A continuación sente no seu asento, póñase cómodo, é preferible que sexa un sofá cuns cantos coxíns ou unha cama quentiña, despois colla o seu libro e póñase a ler. Agora o único que ten que facer é relaxarse e deixar que a súa imaxinación faga o resto do traballo por vostede. E tanto pode porse a ler un libro de medo como un de aventuras ou do que vostede prefira. Iso non alterará nada o sabor.

Grazas, Rebeca.


6 comentarios:

biblioteca dijo...

Como estamos a traballar a alimentación. Esta receita é "esencial" para os rapaces.Grazas por compartir.
O cartel da poesía é maravilloso.
Moito traballo eh?

Bibliomanía dijo...

Rebeca estará toda orgullosa de que a súa receita chegue a Vigo.
Só cómpre cociñala e saboreala.
Bo proveito!

En canto os carteis son para min, nestes momentos, un pasatempo moi gratificante.

Bicos. Loli

Andrade39A dijo...

Sempre que veño de visita atopo actividades e recursos moi interesantes. Parabéns polo voso traballo. Un saúdo de Raioteca dende Pontedeume.

Rebeca dijo...

A verdade e que eu enviei esta receita por accidente. Ao seleccionar a dirección confundinme. Non sabía que á xente lle iba gustar tanto.
Biquiños:
Rebeca

Begoña dijo...

Ábresenos o apetito con tan boas receitas... uhmm.
Noraboa polo voso traballo, deixámosvos un agasallo no Blogfesquío.
Unha aperta.

Adri dijo...

Moi ben Rebeca, moi ben. Seguín a túa receita e... bueno, teño:un bo libro, un bo asento, unha boa habitación, pero...VAIA, OLVIDÓUSEME O CEREBRO. ONDE ANDARÁ METIDO.

Bromas aparte, fixeches un traballo estupendo; pero pregúntome...¿en verdade foches ti quén o escribiu?

parabéns dun anónimo da túa clase...VAIA, SE TEÑO O NOME NO CORREO, VES O PROBLEMA DE NON TER CEREBRO.jajajajaja

Se ha producido un error en este gadget.