
Dúas obras moi diferentes para lectores con intereses desiguais; o único en común é que as dúas acaban de ser publicadas e tratan de poesía ou poetas.
Mañana no será lo que Dios quiera é unha espléndida biografía escrita por García Montero sobre o poeta ÁNGEL GONZÁLEZ a quen lle tocou vivir a guerra española e as súas consecuencias.
O libro ábrese con dúas reseñas do propio biografiado:
Recuerdo que las comidas eran aquellos días alegres, prolongadas en largas sobremesas en las que se contaban historias extraordinarias. Mi madre estaba radiante y yo feliz, admirando a mis hermanos como pocas veces volví a admirar a alguien.
A novela vai recoller gran parte da infancia do poeta e a vida en Oviedo vista por uns ollos de neno co recordo da figura do pai, morto cando el tiña tan só dous anos e o papel que os seus irmáns maiores, fieis as ideas republicanas van exercer na súa vida.
Extraña educación, en la que coincidían la libertad casi absoluta -la guerra, en algunos aspectos, deja en paz a los niños- y las servidumbres más humillantes. Pese a todas las limitaciones -enormes- que derivan de esas circunstancias, aprendimos muchas cosas importantes, a decir no (en voz baja, por supuesto, pero con inquebrantable terquedad), a no darnos por vencidos a pesar de sabernos derrotados; a arrancar ilusiones de la desesperanza; a poner precio a la belleza...
Salpicada a lectura de fotografías e poemas de Ángel Gonzalez descubrimos como a súa vida se filtra nos versos. Serva como exemplo un breve poema, dos máis coñecidos que como el mesmo nos revela, pese as apariencias é un dos seus poemas máis pudorosos pois está dedicado a súa nai e a memoria de Soledad, a rapaza de gafas que o criou, como testimonio da entrega sen límites:
Le comenté.
Me entusiasman tus ojos.
Y ella dijo.
- ¿ Te gustan solos o con rimel?
- Grandes,
respondí sin dudar.
Y me los dejó en un plato y se fue a tientas.
O poema podedes escoitalo na voz do propio autor na colección Visor, lectura recomendada na guía de verán e dispoñible na Biblioteca do centro.
No que se refiere a Makinaria de Carlos Negro vos remito ao blog Trafegando Ronseis, onde atoparedes a lectura dun poema e un acertado comentario sobre o seu contido. Obra dirixida aos lectores mozos, amantes da velocidade e o risco, cun destino que fai gala ao apelido do autor cando se actúa de forma inconsciente.
Gazas Ronsel, polo adianto.



