Hoxe moitas aulas quedaron baleiras. A lingua galega está no punto de mira. Santiago foi hoxe o escenario dunha multitudinaria manifestación en defensa do noso idioma.
Achegamos a ligazón para poder ler o documento de análise da Real Academia Galega das bases para o Decreto do plurilingüismo no ensino non universitario en Galicia.
Recollemos tamén desde o Blogue da Biblioteca do C.E.I.P. Frian - Teis o Decálogo elaborado polos Servizos Lingüísticos das Universidades catalanas no ano 2008, co gallo do Ano Internacional das Linguas, traducido pola nosa compañeira, Adelia Troncoso, do IES Val de Tea e maquetado por Mónica Muñoz do CEIP Frián.
No hay comentarios:
Publicar un comentario