Si, ROBERTO SALGUEIRO é candidato ao mellor autor teatral en galego dos Premios MAX das Artes Escénicas 2010 pola súa obra Valentino Ruffini e Akil Pillaban de viaxe a Milán (e van sen un can). Unha comedia ambientada na Venecia do século XVIII, deliciosa, fresca, na que a amizade vence as diferencias sociais existentes entre os protagonistas. Dirixida a todos os públicos, vén de ser representada con gran éxito polo grupo Talía.
Congratulámonos con esta nominación e sentímola próxima, ao igual que os seus libros e as súas palabras adicadas aos alumnos e á biblioteca do centro.
Parabéns!!!
Risas garantizadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario