O 28 de maio estabamos en terras aragonesas para recoller o premio otorgado ao proxecto que nestes últimos anos vén desenvolvendo o equipo da Biblioteca. Unha viaxe de ida e volta, breve pero intensa que nos permitiu poñer rostro aos compañeiros e compañeiras dos outros centros premiados de Galicia, así como a posibilidade de conversar con persoas coas mesmas inquedanzas e intereses e intercambiar experiencias.
Os diplomas foron entregados pola secretaria de Estado de Educación Eva Almunia e por María Victoria Broto, conselleira de Educación, Cultura e Deporte da comunidade aragonesa no Palacio Montcada de Fraga.
Ao comezo da celebración, os alumnos do instituto Bajo Cinca ofreceron aos asistentes un menú poético e ao remate as nais do colexio Miguel Server representaron o conto A que sabe a lúa. Antonio Basanta, presidente da FGSR, fixo a presentación do libro Bibliotecas escolares "entre comillas" co que nos agasallaron a cada un dos asistentes.
Visitar a Biblioteca do CEIP Miguel Server, coñecer a Mariano Coronas, a súa dona e a naturalidade co que nos recibiron foi a guinda da mañá.
En Fraga (Huesca), cos compañeir@s dos outros centros de Galicia tamén premiados.
4 comentarios:
Parabéns merecidos e fermosa crónica.
Parabéns polo traballo ben feito... e conquistado
Emocióname vervos aí. Un poco polo que me evoca pero moito, moito por vós, polo recoñecemento a ese traballo calado e sobresaínte.
Bicos admirados e quentiños.
Desde el CEIP Miguel Servet de Fraga, nuestra felicitación más cariñosa. Gracias por recordarnos en vuestra crónica escrita y fotográfica. Un abrazo.
Mercè Lloret y Mariano Coronas
Publicar un comentario