11/1/11

Protagonistas


Como "biblioteca" que somos dun instituto de Secundaria, todo aquilo que vai dirixido especialmente a mocidade atrae a nosa atención. Por iso congratulámonos de dúas iniciativas que se puxeron en marcha dirixidas a este sector xuvenil e que desexamos compartir nun dos casos e ogallá visitar no outro. Trátase dunha páxina virtual  Eu son leeder  e da Biblioteca Cubit de Zaragoza


O Ministerio de Cultura lanza esta páxina virtual como unha campaña de promoción da lectura na que pretende identificar xuventude e lectura cun diseño actual, un manifesto de intencións, un directorio de blogs, un buscador e un xogo.

Es leeder porque les? Ou o que les faiche leeder?
Despexa calquera dúbida e entra en Eu son leeder.org




Biblioteca Cubit foi deseñada polo arquitecto alemán Christian Schmitz e consta dos dous espazos diferenciados:
  • Un cubo de cristal que dá nome á biblioteca ten tres plantas:
        - A primeira planta dispón de equipos para o acceso público a Internet.
        - A segunda planta alberga a hemeroteca e a comicteca.
        - A terceira planta é un espazo destinado a consulta e a realización de actividades de dinamización.

          Na parte inferior deste cubo áchase a acollida e atención a usuarios así como os documentos 
          audiovisuais e electrónicos.

  • A Torre de Libros, co interior acristalado, conta con tres pisos e nela están ordenados os libros que conforman a colección da biblioteca.



Cubit combina os libros cos soportes audiovisuais e co uso intensivo de Internet e  as tecnoloxías multimedia, nun espazo innovador que promove a comunicación e a interacción entre os seus visitantes a través do propio discurso arquitectónico. Ademais, concentra a oferta de medios naqueles fenómenos culturais que máis interesan aos mozos, como son Internet e informática, cómics, videoxogos e música. A colección inicial da biblioteca conta con 15.000 títulos en todos os soportes.

A nova biblioteca está situada dentro do recinto de Zaragoza Activa, desenvolvido polo Concello de Zaragoza, que á súa vez recuperou a localización onde antes se encontraba unha antiga fábrica azucreira, no barrio do Rabal. 
 
Ler máis aquí

No hay comentarios: