Cando se achega o mes de abril todos os que gozan coa lectura e a escritura saben que teñen unha cita no IES de Sanxenxo para participar no Certame Literario que vén acollendo de forma continuada, ao longo dos sete últimos anos, á mocidade dos distintos centros da zona.
Un total de cento oitenta estudantes foron este ano os presentados. A maior participación foi nas categorías B e C, que agrupa aos estudantes matriculados na etapa Secundaria. Corenta textos serán seleccionados como finalistas, dez por categoría, dos que sairán os premiados.
O traballo e os logros, de nenos e mozos, que co seu esforzo e ilusión foron quen de construír os seus relatos e os seus poemas é posible pola constancia dos profesores e profesoras dos distintos centros participantes que conscientes da importancia da educación colaboran e animan ao alumnado nunha tarefa de longo recorrido.
Os nosos parabéns!
É imprescindible ter que dicir algo interesante, querer dicilo e saber dicilo. Eliacer Cansino
No hay comentarios:
Publicar un comentario