13/6/11

Chegan os primeiros comentarios

  • "O venres pasado, ás 8.00 da tarde celebrouse no auditorio Emilia Pardo Bazán a entrega de premios do VII Certame Literario. O acto abriuno María Lado e Lucía Aldao con poesías co son da guitarra de fondo. A continuación fíxose unha homenaxe a Xosé Neira Vilas, o escritor galego autor de "Memorias dun neno labrego", un home de 82 anos, que conserva un gran sentido do humor. E finalmente deuse paso á entrega de premios con María Lado e Lucía Aldao.
    A miña opinión sobre o acto é boa e o autor que veu como invitado este ano fíxonos pasar unha tarde irrepetible" . Laura Soutullo

  • "A charla de Xosé Neira Vilas pareceume moi interesante. Contounos cousas sobre o libro e deixou que lle preguntásemos o que quixéramos e respondeunos moi ben a todas as nosas preguntas. Ao rematar asinonos os libros amablemente. Aprendín que é un señor brillante e tamén intelixente do que temos moito, moito que aprender". Alexis

  • "O día do certame literario para min foi unha experiencia moi bonita. Xa que tan só, valeu a pena  polo feito de estar alí con outros rapaces e rapazas de outros centros. Creo que a todos os rapaces aínda que non gañasen nada, lles gustou esta experiencia. O meu obxectivo no certame literario non foi quedar de primeira, se quedaba moi ben pero se non, non pasa nada. Nunca me desanimarei a non participar aínda que non gañe, xa que o meu obxectivo é facelo o mellor que poida e cada vez mellor. Aínda que tamén ás veces para facelo ben  teño que poñerme unha meta para chegar alto.
    Ademais  puiden coñecer a Neira Vilas. Cando o escoitaba alegrábame moito xa que para min é un luxo ter diante a un escritor tan importante das letras galegas. Ademais eu lin algúns dos seus libros. É unha boa experiencia porque así o día de mañá cando teña fillos lles direi: "mira, eu coñecín ao escritor deste libro" e mostrareillo asinado. Ben, en xeral gustoume moito a experiencia e sen dúbida ningunha, repetirei e animo a toda a xente a que participe xa que é moi bonito. Noelia Pombo

  • Na miña opinión foi marabilloso. Nada máis comezar, MARÍA LADO e LUCÍA ALDAO recitaron un poema doce e fermoso para pasar a presentar a Carlos Lema. Logo, XOSÉ NEIRA VILAS, subiu ao escenario e falou do seu benquerido Balbino e contestou a todas as nosas preguntas estendéndose nas respostas, para o noso maior agradecemento. Inés

  • Escoitar recitar a María Lado e cantar a Lucía Aldoa foi marabilloso porque o facían dende o corazón e iso notábase. Lucía

  •  Impresionoume que no Auditorio non se podía ver ningún asento baleiro, ata tiveron que abrir a parte de arriba. Con curiosidade e atención escoitamos a María Lado mentras unha fermosa melodía soaba na guitarra de Lucía Aldao. Da mesma maneira, escoitamos as reflexións do autor de Balbino, quen respondeu as moitas das preguntas que lle fixemos.Noelia Caneda

  • Pareceume fantástico escoitar a Neira Vilas. Falounos de como comezou a escribir, da primeira persoa que leu o seu libro e un  montón de anécdotas máis. María Lado e Lucía Aldao animaron moito ao público coas súas cancións e os seus  versos. Aínda que non ganase mereceu a pena ir. Estaba todo o Auditorio cheo a rebosar e emocioneime cando todo o mundo se puxo en pé para aplaudir a Neira Vilas. Laura Arousa

No hay comentarios: