11/7/11

Balance dos empréstitos no curso 2010/11

      No período comprendido entre os meses de outubro e maio realizáronse un total de 1.251 empréstitos. O que supón un incremento aproximado do 5% sobre o curso anterior. Hai que sinalar que este incremento no número de empréstitos prodúcese a pesares de que:

• O número de alumnos/as matriculados no centro minorou nun 4,3%
• No centro reforzáronse outras actividades de fomento de lectura, achegando libros tanto ao alumnado como ás familias, e que non figuran na base de datos do programa informático. Así temos:

o As mochilas para a hora de ler.
o As maletas viaxeiras
o A sección de autoempréstito para as familias.
o A sección documental específica de aulas.
o  Os “carriños de ida e volta” para as horas de garda.

 Fondos máis solicitados.

        Na gráfica pode observarse que os fondos máis solicitados foron os libros, representando o 87% dos empréstitos seguido dos audiovisuais cun 11%.
A demanda media mensual foi de 158 empréstitos. Os meses nos que se produciron máis empréstitos foron os de novembro e maio, con 209 e 212 respectivamente. Pola contra os meses de menos solicitudes foron os de outubro e marzo, con 123 e 119 solicitudes respectivamente.

Evolución histórica

      A evolución do empréstito de fondos realizada pola Biblioteca do centro, con respecto a cursos anteriores, segue a ter unha tendencia ascendente. Así o incremento deste curso escolar, con respecto ao pasado, é dun 4,95% no acumulado do curso. Na gráfica seguinte pódese observar a evolución dos empréstitos totais ao longo dos tres últimos cursos escolares.



     Esta tendencia ascendente a nivel global tivo tamén o seu reflexo durante os dous primeiros trimestres, durante o período de outubro a febreiro, mentres que no último trimestre os empréstitos realizados mes a mes foron inferiores que no curso anterior, como se pode observar na seguinte gráfica.


Análise e valoración realizada por Mª Carmen Parrado, profesora encargada da xestión da Biblioteca.





No hay comentarios: