30/1/11

Invisibles



" Cinco directores mostran o seu lado máis sensible ao dar protagonismo a cinco crises esquecidas pola sociedade:
a enfermidade do Chagas, a do sono, os nenos soldado de Uganda, a violencia sexual contra civís do Congo e os campesiños desprazados de Colombia.

Un desexo de dar voz a varios dos que quedaron mudos pola indiferenza. É unha humilde homenaxe a esas outras persoas que nunca apartaron a súa mirada deles. Pero sobre todo é a vontade de cinco directores por facer visibles os seus verdadeiros e únicos protagonistas, a aqueles que cremos e preferimos seguir crendo invisibles."


Título: Invisibles
Dirección: Wim Wenders, Isabel Coixet, Mariano Barroso, Javier Corcuera, Fernando León de Aranoa


Xénero: Drama, Documental
Reparto: Lia Chapman, Isabelle Stoffel
Produción: Javier Bardem

25/1/11

Poetízate!






Dentro das actividades do programa do Proxecto ARCE  figura a realización do I Certame de poesía entre o alumnado dos seis institutos participantes.  Este é o cartel que vén de  anuncialo. 

Consulta as bases en En la órbita de los libros

14/1/11

Enredados nun mar de libros


Cliquea aquí para descargar o catálogo


O Salón do libro infantil e xuvenil que se está a celebrar en Madrid está adicado ao mar. As augas salgadas tamén son as protagonistas este ano das lecturas  que compartimos no Club Engánchate e de moitas outras que foron recomendadas polos diferentes Departamentos.

O Salón publica un magnífico catálogo que recolle unha ampla bibliografía dividida temáticamente  en distintas seccións e que ven a aportar novas propostas de lecturas para engadir ao noso listado.

- Aventura: Lecturas de piratas
  •  Sebastian Darke. Príncipe de los Piratas. Philip Caveney. Alfaguara, 2008
  • Julia y la voz de la ballena. Alvaro Ortiz.  Edicions de Ponent, 2009

- Supervivencia: viaxes, islas, naufraxios
  • El ayudante de Darwin. Vicente Muñoz Puelles. Algar, 2009
  • El fugitivo de Borneo. Juan Madrid. Edebé, 2010
  • Travesía del horizonte. Javier Marias. Alfaguara, 2010

- Imaxes do mundo: contos, cantos, nostalxias
  • De profundis. Miguelanxo Prado. Norma, 2008
  • Gallego. Juan Farias; Xosé Cobas (il.). Fondo de Cultura Económica, 2006
  • El reductor de velocidad. Christophe Blain. Norma, 2008

-De coñecemento: "La mar de interesante"
  • Piratas. Geoffrey Malone. Anaya, 2010
  • El primer viaje alrededor del mundo. Antonio Pigafetta; Eduardo Alonso (adap.);Carlos Escudero (il.). Juventud, 2010
  • La vida en los océanos. Emma Helbrough.  Libsa, 2009

O catálogo complétase cunha galería de imaxes marinas de 29 ilustradores e cunha sección adicada aos premios nacionais de literatura infantil e xuvenil e ilustración do 2010.Todo un luxo.





11/1/11

Protagonistas


Como "biblioteca" que somos dun instituto de Secundaria, todo aquilo que vai dirixido especialmente a mocidade atrae a nosa atención. Por iso congratulámonos de dúas iniciativas que se puxeron en marcha dirixidas a este sector xuvenil e que desexamos compartir nun dos casos e ogallá visitar no outro. Trátase dunha páxina virtual  Eu son leeder  e da Biblioteca Cubit de Zaragoza


O Ministerio de Cultura lanza esta páxina virtual como unha campaña de promoción da lectura na que pretende identificar xuventude e lectura cun diseño actual, un manifesto de intencións, un directorio de blogs, un buscador e un xogo.

Es leeder porque les? Ou o que les faiche leeder?
Despexa calquera dúbida e entra en Eu son leeder.org




Biblioteca Cubit foi deseñada polo arquitecto alemán Christian Schmitz e consta dos dous espazos diferenciados:
  • Un cubo de cristal que dá nome á biblioteca ten tres plantas:
        - A primeira planta dispón de equipos para o acceso público a Internet.
        - A segunda planta alberga a hemeroteca e a comicteca.
        - A terceira planta é un espazo destinado a consulta e a realización de actividades de dinamización.

          Na parte inferior deste cubo áchase a acollida e atención a usuarios así como os documentos 
          audiovisuais e electrónicos.

  • A Torre de Libros, co interior acristalado, conta con tres pisos e nela están ordenados os libros que conforman a colección da biblioteca.



Cubit combina os libros cos soportes audiovisuais e co uso intensivo de Internet e  as tecnoloxías multimedia, nun espazo innovador que promove a comunicación e a interacción entre os seus visitantes a través do propio discurso arquitectónico. Ademais, concentra a oferta de medios naqueles fenómenos culturais que máis interesan aos mozos, como son Internet e informática, cómics, videoxogos e música. A colección inicial da biblioteca conta con 15.000 títulos en todos os soportes.

A nova biblioteca está situada dentro do recinto de Zaragoza Activa, desenvolvido polo Concello de Zaragoza, que á súa vez recuperou a localización onde antes se encontraba unha antiga fábrica azucreira, no barrio do Rabal. 
 
Ler máis aquí