10/1/12

Con Andrea Maceiras


O alumnado de 2º ESO tivo esta tarde a ocasión de participar nun obradoiro de creación literaria coa novísima escritora coruñesa ANDREA MACEIRAS, autora de dúas obras, Proxecto bolboreta e Violeta Tamurana, froito de dous premios literarios obtidos nos anos 2007 e 2010 respectivamente.

Con veteranía e claridade na exposición de ideas, Andrea achegou aos rapaces e rapazas presentes as directrices de como escribir un conto e provocar un sorriso co resultado. En primeiro lugar cómpre aliarse coas musas para que estale a chispa da inspiración e prenda a historia, logo virá o método, elixir o tipo de humor que se adapte a nós...

As imaxes  amosan o agasallo enviado polos Reis que esta tarde recibimos na Biblioteca do IES de Sanxenxo. Mil grazas!!!

















No hay comentarios:

Se ha producido un error en este gadget.