"Continuamos cos obradoiros programados. Este martes, 24 de xaneiro, pola tarde tocoulle o turno aos alumnos de 3º da ESO,
os cales tiveron a sorte de compartir o su tempo cunha xoven autora galega,
Oriana Méndez, poeta que ten no seu haber
obras como Derradeiras conversas co capitán Kraft e Cero.
Neste obradoiro comprendimos cómo conseguir que un
relato breve resulte humorístico. Para iso, Oriana propuxo tres textos nos que
había que analizar onde residía o humor (personaxes impropias nun determinado
contexto, situacións inverosímiles, etc.). Da análise inicial pasamos á
práctica, momento no que os rapaces tiveron que ser capaces de inserir nos ocos
dun texto unha serie de termos coa finalidade de acadar un produto humorístico.
Fase previa á creación literaria individual.
Despois desta sesión, temos que agradecer a colaboración de Oriana, pois fomentou nos alumnos ese espíritu analítico e creador que, dalgún xeito, todos levamos dentro; e que, en definitiva, non é máis cun reflexo da expresión última das nosas reflexións persoais e dos nosos pensamentos." Liliana Piñeiro
Despois desta sesión, temos que agradecer a colaboración de Oriana, pois fomentou nos alumnos ese espíritu analítico e creador que, dalgún xeito, todos levamos dentro; e que, en definitiva, non é máis cun reflexo da expresión última das nosas reflexións persoais e dos nosos pensamentos." Liliana Piñeiro
"O martes 24 de
xaneiro visitounos Oriana Méndez, una escritora galega que tivo a ben pasar
unhas horas con nós para ensinarnos cómo enfeitizar a un lector coas nosas
palabras, e máis concretamente, a facelo rir. Mediante unha sinxela, pero moi ben
aproveitada proxección, fíxonos pensar na maneira na que os autores de relatos
de humor conseguen que apareza un soriso
na nosa face, mostrándonos exemplos de pequenos microrrelatos cos que nos
incitou a crear as nosas propias historias.
Dende o meu punto
de vista persoal esta actividade foi moi constructiva, pois ter a unha
escritora, unha tecedora de contos e vidas, soamente para ensinarnos e
mostrarnos a maxia dos relatos, foi un auténtico luxo que me encantaría
repetir." Sara Martínez García
No hay comentarios:
Publicar un comentario