Os Equipos das
Bibliotecas Escolares de Sanxenxo do CEIP A Florida, Dorrón,
Portonovo, IES Vilalonga e do IES de Sanxenxo,
en colaboración coa Federación de ANPAS O Con, a Librería Nós veñen promover un primeiro Encontro
de Lectura e Familias ao que se suman os outros equipos de bibliotecas escolares e municipais, ANPAS, libreiros e a Concellería de Educación e Cultura de Sanxenxo. O Encontro terá lugar os días 12 e 13 de abril de 2012 no Auditorio Emilia
Pardo Bazán de Sanxenxo.
Esta proposta
está contextualizada dentro do Plan lector dos centros implicados na
organización, que veñen traballando nesta liña dende anos atrás con actividades
como as “mochilas viaxeiras” para ler e compartir en familia, o autopréstamo ou
os clubs de lectura abertos a toda a comunidade escolar.
Dende as Bibliotecas Escolares pretendemos sensibilizar da importancia da
lectura e do papel dos mediadores. Estamos convencidos que se logramos que a
lectura forme parte das nosas vidas e da do noso alumnado lograremos o
principal obxectivo.
O I Encontro Lemosxuntos pretende
involucrar a toda a comunidade escolar do municipio de Sanxenxo cos seguintes
obxectivos:
a. Promover o gusto pola lectura desde a educación infantil ata a etapa de
Secundaria Obrigatoria.
b. Conseguir un maior nivel de lectura nos nen@s e na mocidade da vila.
c. Implicar no proxecto a todas as entidades do municipio: colexios,
institutos, rede de Bibliotecas Municipais, ANPA, librerías, concello...
d. Lograr un compromiso firme por
parte de toda a sociedade cara á lectura e o desenvolvemento da mesma.
e. Formar cidadáns comprometidos e responsables no seu interese pola
contorna e a cultura partindo da actividade lectora como un medio que lles
posibilita ampliar a súa visión do mundo.
A realización do Encontro conta co apoio da Asesoría de Bibliotecas Escolares Galegas e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Xoves 12
|
||
Mañá
|
Carballo con Botas
|
Percorrido polas rúas e prazas do concello
|
17:00 – 19:00 h.
|
Carballo con Botas
|
Obradoiros
para o alumnado
(1º/2º/
3º Primaria)
|
17:00 – 19:00 h.
|
Charo Pita
|
Obradoiros
para o alumnado
(Primaria/1º
ESO)
|
17:00 – 19:00 h..
|
Ana Abelenda
|
Obradoiro para os pais/nais
Cómo contar contos aos fill@s
|
19:00 h.
|
Entrega de documentación aos matriculad@s nos
Encontros
|
|
20:00 h.
|
Inauguración dos Encontros
|
|
20:10 h.
|
Lemos xuntos:
Celso Emilio Ferreiro
na voz dos pais e nais cos seus fill@s
|
|
20:40 h
|
Mesa redonda: Ler
no século XXI
|
|
21:40 h.
|
Contacontos inglés/galego Charo Pita/ Tim Bowley
|
Venres 13
|
||
17:00 – 19:00 h.
|
A Tropa de Trapo
|
Obradoiros para o alumnado
A
viaxe das palabras. (4º/5º/6º Primaria)
|
17:00 – 19:00 h.
|
Clara Gayo
|
Obradoiros para o alumnado (1º ciclo ESO).
O dicionario do corpo. Linguaxe
xestual
|
17:00 – 19:00 h.
|
Proxecto Linguas
no ensino. USC
|
Obradoiros para o alumnado (2º ciclo ESO)
Lonxa poética
|
20:00 h.
|
Conferencia: Juan Mata Anaya, profesor Universidade
de Granada
“Animádeos
a ler! tamén a familia forma lectores. “
|
|
21:00 h.
|
Clausura dos encontros
|
|
21:10 h.
|
Actuación de peche con Cándido Pazó.
|
|
APORTA UN LIBRO e LEVA OUTRO!!
Trae un LIBRO aos ENCONTROS para INTERCAMBIAR por outro LIBRO!!
Escribe
no libro unha dedicatoria para o amigo que o reciba.
Compartimos
lecturas: Lemosxuntos!!!!
|
INSCRICIÓN
1º Para os ENCONTROS da noite
1º.Cubriranse
os datos da ficha que vai no medio deste boletín e entregarase na biblioteca
escolar do teu centro ou nas bibliotecas municipais, ANPAS, librerías ou ben pódese remitir ao
enderezo lemosxuntosanxenxo@gmail.com. No asunto do correo poñer encontros da noite. A ficha
de inscrición descárgase en http://lemosxuntosanxenxo.blogspot.com/
2º. Envío de
solicitudes a partir do 15 de marzo do 2012.
Número
de prazas ata completar o aforo.
3º. A inscrición aos encontros das noites permite
recibir documentación e material que será entregado o xoves 12 de 19 a 19:30 h.
no Auditorio.
2º. Para os OBRADOIROS da tarde
A inscrición aos OBRADOIROS farase a través do enderezo electrónico lemosxuntosanxenxo@gmail.com. Prazas limitadas.
Síguenos en
No hay comentarios:
Publicar un comentario