4/5/12

Adpotar un lector/a: lecturas compartidas


"O  2 de abril celebrouse en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil. Coma en anos anteriores os rapaces e rapazas do IES de Sanxenxo, queremos  celebrar este día con todos vós léndovos contos e historias ben fermosas como esta  que contaba o mundo enteiro.
Ese conto en realidade non era un só, senón moitos máis que comezaron a poboar o mundo coas súas historias de nenas desobedientes e lobos sedutores, de zapatiños de cristal e príncipes namorados, de gatos inxeniosos e soldadiños de chumbo, de xigantes bonachóns e fábricas de chocolate. Poboárono de palabras, de intelixencia, de imaxes, de personaxes extraordinarios. Permitíronlle rir, asombrarse, convivir. Cargárono de significados. E dende aquela eses contos continuaron multiplicándose para dicirnos mil e unha veces
“Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro…”
Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos estamos exercitando a imaxinación, coma se fose necesario adestrala para mantela en forma. Algún día, seguramente sen que o saibamos, unha desas historias acudirá ás nosas vidas para ofrecernos solucións creativas aos obstáculos que se nos presenten no camiño.
            Ao ler, ao contar ou ao escoitar contos en voz alta tamén estamos repetindo un ritual moi antigo que cumpriu un papel fundamental na historia da civilización: facer comunidade. Ao redor deses contos reuníronse as culturas, as épocas e as xeracións para dicirnos que somos un só os xaponeses, os alemáns e os mexicanos; aqueles que viviron no século XVII e nós que lemos un conto en Internet; os avós, os pais e os fillos. Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas."
       
 (Adaptación do Manifesto do día 2 de abril. Día Internacional da Literatura infantil 2012 escrito por Francisco Hinojosa)

      No CEIP de PORTONOVO:


       No CEIP de A FLORIDA:

      No CEIP de DORRÓN:

No hay comentarios: