I’ll be watching you é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e
musical do grupo Chévere, que analiza os valores que
moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os
estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a
cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia
e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa.
Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o
son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer
fin á violencia de xénero.
Yeni, interpretada por Patricia
de Lorenzo é a vocalista
e Dami, interpretado por Manuel Cebrián, o guitarrista dunha orquestra de
pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop
actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral,
apolítica.
Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia
experiencia vital como muller, facendo participar ao público dunha nova e
crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.
Fonte: Grupo
Chévere
Verémolos
o venres 30 de novembro no Auditorio Emilia Pardo Bazán de
Sanxenxo.
1 comentario:
Mi mas sincera enhorabuen por tu blog.
Lo sigo a menudo y me gusta. Trabajo en Coruña y asi estoy informado de las noticias y de o que pasa en mi pueblo.
Gracias y seguir con la labor que haceis con la BIBLIOMANIAAAAA.
PABLO
Publicar un comentario