O 20 de febreiro, o auditorio da Biblioteca de Galicia acolleu a presentación dun proxecto piloto para a incorporación dos lectores electrónicos nas bibliotecas escolares, E-LBE, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
En novembro de 2012, a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos realizou unha convocatoria destinada aos centros incluídos no PLAMBE. Dun total de 327 solicitudes seleccionáronse 25 centros que cumprían os requisitos da convocatoria:
- compromisto coa biblioteca escolar (manifestado na memoria do curso anterior)
- e instalación en concellos rurais galegos.
A nosa biblioteca foi unha das seleccionadas e contamos con 4 dispositivos de lectura electrónica que teremos que utilizar en función dos obxectivos do Proxecto Lector do Centro coa orientación do equipo de biblioteca.
O proxecto busca, fundamentalmente, proporcionar ao alumnado novas experiencias de lectura.
Á final de ano teremos que participar, mediante un formulario, na elaboración dun informe para a valoración desta experiencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario