O alumnado de 4º ESO da rama científica foi convidado pola Biblioteca do IES de Vilalonga para asistir á conferencia do profesor da Universidade de Compostela, Ángel Carracedo. Uns trescentos rapaces dos dous institutos xuntáronse o mércores 6 de marzo no Auditorio municipal de Miraflores para ser testemuñas dunha charla excepcional.
Carracedo falou de investigación e de cómo ésta pode axudar a resolver os problemas da vida diaria; das aplicacións clínicas e forenses que ten a medicina xenómica, dos casos mediáticos como o caso Bretón, das enfermidades como o cancro e o lupus; da inversión dos estados en investigación... O alumnado tivo ocasión de facerlle preguntas ao profesor e incluso unha entrevista. Ángel Carracedo recibiu o premio Fernández Latorre no 2011 pola súa traxectoria no Instituto de Medicina Legal de Santiago.
O
No hay comentarios:
Publicar un comentario