10/6/08

Con Fran Alonso e Pista Catro

Por fin temos as fotos, e a lembranza da súa maxia, das súas palabras...





Máis comentarios:


UNHA FESTIVA TARDE DE XOVES

Queridos lectores, o xoves foi un gran día. Eu coma sempre, fun ás miñas clases ao Pardo Bazán, en Miraflores, impacente para poder asistir ao gran show. Ao terminar ás sete da tarde estiven esperando, e na entrada de atrás estaba un mozo moi raramente vestido, e, conforme veu acercándose lle preguntei se era o malabarista, ou...se salía así á rúa, díxome que nin de broma... tamén pregúnteille se o mechón de pelo branco era real e díxome que era cousa da idade, pero claro, era mentira.
Fun preguntando quen era o malabarista, primeiro a Lupo, que me dixo que non, despois ao de lentes, tamén que non... Era o que máis tarde quedaría un pouco birollo. Mentres ensaiaban eu ía facéndolles preguntas segundo fóra mirando a cousa, como:
-Ti es o chapon, non?
-Ti es máis chapon que o outro, non? Aí foi cando o de lentes deume tres puntos.
Máis tarde terminaron, e un pouco antes de que a xente entrase no auditorio, o do mechon púxose a facer de Fran Alonso, unha cousa moi graciosa...
Empeza o show con Fran Alonso, o de verdade, que nos fala de que a lectura non é necesaria, pero que quen non le pérdese moito. O que máis me gustou foi o seu exemplo da azotea, que ler un libro é como estar nunha azotea, porque miras todo dende arriba.
Despois de acabar Fran entrou en acción Pista 4, unha verdadeira bomba, entre as súas actuacións as que máis me gustaron foron a do barman, a da bóla e a do estriptis con malabares. Despois de entregar os premios deume moita pena xa que non sei se os volverei a ver.
Eu non salín premiado, pero mereceu a pena ter ido ata alí.... Adrián Torres



O xoves vivín algo emocionante, Fran Alonso deunos unha charla sobre a lectura, o silencio e para que serven os escritores. Comentounos cousas importantes e díxonos que o silencio pode ser incómodo, pero tamén é bo telo á beira da paz e a tranquilidade. Había unha das frases que dixo que me pareceu moi interesante, di así: Non leades se queredes que vos digan o que tedes que facer, pero se queredes ser libres, lede.
Outra cousa moi divertida foron as actuacións. Xa que creo que foi un triunfo recibir tantas visitas de pais, profesores e concursantes. Estes acróbatas e humoristas arrincaron uns aplausos, a través do seu traballo e empeño, que, seguro, púxolles a moral polos ceos.
Para min foi unha honra quedar finalista, porque traballei moito para conseguilo e paréceme unha motivación enorme, encantaríame volver o ano que vén para loitar e intentar quitarme este sabor agridoce que me quedou ao non ser gañador. Adrián Barral



Pensaba que sería unha tarde normal (excepto porque sería no Emilia Pardo Bazán cos meus pais). Lara e eu sentámonos medio aburridas e puxémonos a xogar ao tres en raia. A charla de Fran Alonso foi moi profunda, pero resultoume un pouco longa. Polo demais estivo xenial. Non pensei que as actuacións de Pistacatro fosen ser tan divertidas. A mellor foi a última, e representouna Pablo, que casualmente era o que xa me gustou máis desde o principio, igual que os presentadores, que eran xeniais.
Pero o máis incrible desa tarde foi o que eu menos me esperaba. Despois de que subisen ao escenario os finalistas da nosa categoría, os presentadores dixeron Segundo premio -¡Nerea Besada!-. Non mo podía crer, o meu nome estaba soando naquel auditorio cheo de xente. Tardei un pouco en levantarme e dirixirme ao escenario, vacilante como nunha nube. E alí arriba, no escenario, morríame de vergoña diante de tanta xente aplaudindo e mirando, estando ademais diante dos meus compañeiros. Case me fun correndo cando nos mandaron baixar, pero foi moi divertido. Encántame recordalo. Nerea


O xoves fun con Nerea á entrega de premios do certame literario e a verdade é que nolo pasamos en grande. Ao principio xogamos ao tres en raia porque nos aburriamos, pero logo empezamos a escoitar risas e ao levantar as cabezas xa non puidemos baixalas.
O escritor Fran Alonso estivo contando moitísimas cousas, pero o que máis me gustou foi a súa forma de falar da literatura e os libros. Pero, o momento máis importante, e un dos máis vergoñosos (non para min, claro) foi cando Nerea subiu a recoller o premio ¡A súa CARA ERA DE FOTO!
Tamén actuaron uns señores, que se chamaban Pista Catro, que eran graciosísimos. O mellor foi un que saíu en calzóns a facer malabares con diferentes músicas. Foi alucinante.
Lara Bermúdez

No hay comentarios: