10/6/08

Seguimos comentando:unha tarde irrepetible II



Porque da que falar,non nos cansamos...


Fran Alonso, é o escritor que nos deu un discurso na entrega de premios do IV Certame Literario. Falounos do poder da palabra, e que non era necesario ler no día a día, pero cando o facías, era como observar a cidade mais preciosa desde a parte superior do edificio mais alto tendo unha vista de todos os lados e vendo cada unha das rúas.
Pista Catro, entregounos os premios, cunhas actuacións polo medio moi graciosas e entretidas, todos ríanse e admirábanos polo gracioso do espectáculo, e cando tiñan un fallo, sempre lles botaban a culpa ao público. Facían teatro e tamén nos ensinaron como se preparaba un cóctel sen alcol con malabarismos, e todo isto con moito humor.
Sorprendinme moito cando dixeron que era un finalista, pois creo que a historia saíume mal, pero isto valeu a pena pois ao finalizar, Fran Alonso asinounos nos libros. Carlos



Onte fun á entrega de premios ao auditorio Emilia Pardo Bazán. Alí esperábanos un gran escritor Fran Alonso. Pareceume moi serio. El explíconos que en cada libro só un 20% é literatura. Tamén nos aclarou que ninguén pode estar máis dun minuto calado. Coma se o silencio non existise.
Despois apareceron tres señores que pretendían divertir ao público e conseguírono, sobre todo na última actuación. Eles tamén entregaron os premios. No medio de cada categoría facían un espectáculo tanto de maxia como de humor. Eu non participei, pero gustoume ver como gañaban os meus compañeiros. Icía


A función no PARDO BAZAN foi increiblemente increible. Empezou co discurso do escritor Fran Alonso cuxo parecido coincidia co do meu profesor de matemáticas. Despois actuou "Pista Catro" que fixo unhas extraordinarias actuacións e tamén entregaron os premios. A actuación que máis me gustou foi a última, que foi cando saliu un dos actores en calzóns e fixo piruetas cos birlos. Inés


Veu Fran Alonso a Sanxenxo falou de moitas cousas pero de todas as que dixo me gustou moito unha que é así: ás persoas non lles gusta estar soas por exemplo a unha persoa maior que vive soa gústalle máis vivir nun piso porque así escoita ruídos e sabe que non está soa.
Despois de que falase estiveron facendo actuacións Pista Catro, fixeron cinco actuacións, a que máis me gustou foi a do final que era de malabarismos. Os premios repartíronos Pista Catro houbo moitos premiados no noso instituto. A min encántome. Laura.

No hay comentarios: